Skip to Content

Acceso ao grao elemental

Acceso Grao Elemental

Para acceder as ensinanzas de grao elemental de música será requisito imprescindible superar unha proba específica de acceso, que garante os principios de igualdade, mérito e capacidade.

ACCESO AO 1º CURSO DO GRAO ELEMENTAL

O procedemento de acceso ao primeiro curso de grao elemental atenderá exclusivamente á avaliación das aptitudes musicais das persoas aspirantes e á idade idónea para iniciar os seus estudos nas especialidades instrumentais.

En todo caso a idade mínima de acceso será de oito anos e a máxima de catorce, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural.

A proba para avaliar as aptitudes musicais incluirá, alomenos, os seguintes aspectos:

a) Exercicios para avaliar a aptitude rítmica.
b) Exercicios para avaliar a aptitude auditiva e vocal.
c) Exercicios para avaliar a aptitude psicomotriz.

A realización destes exercicios efectuarase de xeito que ningún deles teña carácter eliminatorio. A valoración realizarase considerando tanto cada un dos aspectos sinalados anteriormente como o conxunto da proba globalmente.

ACCESO A OUTROS CURSOS DO GRAO ELELEMENTAL

Poderase acceder a calquera outro curso do grao elemental sen ter superados os anteriores, sempre que se supere a correspondente proba. En calquera caso, o acceso a outro curso do grao elemental estará supeditado á existencia de prazas vacantes na especialidade solicitada.

En todo caso a idade mínima de acceso será de oito anos e a máxima de catorce anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural. Estas probas avaliarán, ademais das aptitudes e da idade idónea, a capacidade e os coñecementos dos alumnos e das alumnas para continuar os estudos nas especialidades instrumentais para as que se solicite a praza.

En todas as especialidades as probas constarán de dous exercicios, que terán carácter eliminatorio e consistirán en:

a) Interpretación, no instrumento da especialidade a que se opte, de dúas obras de libre elección e unha obra ou exercicio a primeira vista proposto polo tribunal.
b) Exercicio teórico-práctico para avaliar a capacidade auditiva e vocal, así como os coñecementos de linguaxe musical.

CUALIFICACIÓNS DAS PROBAS DE ACCESO

As puntuacións obtidas polo alumnado nas probas de acceso a calquera dos cursos do grao elemental axustarase á cualificación numérica de 1 a 10, ata un máximo dun decimal. Cumprirá obter, como mínimo, a cualificación de cinco puntos para superar a proba.

A puntuación definitiva das probas de acceso aos cursos 2º, 3º e 4º será a media ponderada da cualificación obtida en ámbolos dous exercicios. Para estes efectos ponderarase o primeiro apartado, a), nun 60 % e o segundo, b), nun 40 %.

A superación da proba de acceso faculta exclusivamente para matricularse no centro no curso académico en que sexa convocada.

As puntuacións definitivas obtidas na proba de acceso serán as que determinen a matriculación do alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut