Skip to Content

PROBAS DE ACCESO CURSO 2021-22

APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO AO  CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA PARA O CURSO ACADÉMICO 2021-2022

O Conservatorio Profesional de Música abre o proceso de inscrición para as probas de acceso ao curso académico 2021-2022 para o 1º curso do Grao Elemental e o 1º curso do Grao Profesional.

A matrícula nas probas de acceso poderá realizarse desde o mércores 12 ata o venres 21 de maio de 2021.

Toda a información sobre as probas de acceso poderase consultar premendo neste enlace ou ben no documento adxunto que figura baixo estas liñas, onde poderán atopar a oferta pública de prazas para cada un dos graos, así coma os contidos das probas, repertorio orientativo de cada especialidade e criterios de avaliación e cualificación das mesmas. 

A matrícula realizarase ONLINE, remitindo ao enderezo secretaria@cmusvilagarcia.gal a seguinte documentación: 

-  SOLICITUDE DE MATRÍCULA editable debidamente cumprimentada e asinada, preferible dixitalmente, e que tamén poden atopar baixo estas liñas como arquivo adxunto. 

- Copia escaneada do DNI do/a interesado/a ou folla do Libro de familia na que figure inscrito/a

Pagamento das Taxas

Unha vez recibida a solicitude de matrícula, o Conservatorio Profesional de Música remitirá por correo electrónico a cada  solicitante o documento de liquidación das taxas das probas de acceso,  polo importe de 31,20 € no caso do acceso ao Grao Elemental  e polo importe de 83,20 € no caso do acceso ao Grao Profesional,  e que deberá ser aboado no prazo indicado no mesmo en cualquera sucursal da rede de oficinas de ABanca, BBVA, CaixaBank ou Banco Santander. Ou tamén a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Vilagarcía de Arousa en https://sede.vilagarcia.gal.

Unha vez realizado o pagamento o interesado deberá remitir copia do xustificante de pago ao enderezo secretaria@cmusvilagarcia.gal 

A matrícula nas probas de acceso no curso 2021-22 non será efectiva ata que se reciba o xustificante de pago das taxas.

 

As probas de acceso ao 1º curso do Grao Elemental está previsto teñan lugar o luns 14 ou martes 15 de xuño de 2021.

As probas de acceso ao Grao Profesional están previsto teñan lugar entre o 7 eo 10 de  xuño de 2021.

Os aspirantes ás probas de acceso recibirán información sobre o desenvolvemento da mesma no correo electrónico que faciliten no impreso de matrícula, así coma nesta propia páxina, onde se irán publicando os documentos informativos correspondentes  coma a composición dos tribunais, data e hora das probas, etc..

No suposto de que teñan algún tipo de dificultade para realizar a matrícula online, tal e como se indica anteriormente, pregamos contacten connosco no enderezo de correo secretaria@cmusvilagarcia.gal  ou no teléfono 986 500 916 para poder facilitar un sistema alternativo. 

 IMPORTANTE: todos os candidatos/as deberán acudir ás probas co seu DNi ou documento identificativo. Os candidatos/as ás Probas de Acceso ao Grao profesional deberán presentar partituras orixinais.

 

TRIBUNAIS DAS PROBAS DE ACCESO AO GRAO PROFESIONAL. Publicada  a composición dos tribunais, admitidos, data e hora de celebración das probas de acceso ao Grao profesional que terán lugar entre o luns 7 e o xoves 10 de xuño de 2021. Consultar arquivo adxunto

 

AnexoTamaño
INFORMACIÓN PROBAS DE ACCESO AO CMUS VILAGARCÍA 1ºGRAO ELEMENTAL E 1ºGRAO PROFESIONAL 21-22.pdf387.72 KB
Tribunais das probas de acceso grao profesional xuño 2021.pdf244.16 KB


page | by Dr. Radut