Skip to Content

Cursiño de Técnica e Interpretación de Trompeta.

O Conservatorio Profesional de Música a través do Departamento de Vento e Percusión organiza o Cursiño de Técnica e Interpretación de Trompeta que terá lugar os vindeiros días luns 3 e martes 4 de abril de 2023.

O Cursiño será impartido polo trompetista Juan Lois Diéguez e vai dirixido ao alumnado desta especialidade do CMUS, da EMM de Vilagarcía, así como ao alumnado doutros centros que desexen profundizar na técnica e interpretación da trompeta. Poderase asistir tamén de oínte.

Baixo estas liñas poden atopar a información precisa, descargar o Tríptico Informativo e o Boletín de  inscrición

Os/as  interesados/as deberán remitir o Boletín de inscrición editable debidamente cumprimentado, xunto co xustificante de ter aboado as Taxas do Cursiño ao enderezo de correo electrónico conservatorio@vilagarcia.gal. O prazo de inscrición rematará o martes 14 de marzo de 2023.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao correo conservatorio@vilagarcia.gal  ou ben ao teléfono 986 50 09 16

 

AnexoTamaño
Tríptico Cursiño de Trompeta 3 e 4 Abril 2023.pdf4.31 MB
Boletin edit. inscrición Cursiño Tecn.e Interpr. Trompeta 04_2023.pdf147.33 KB


page | by Dr. Radut