Skip to Content

Convocatoria das PROBAS DE ACCESO ao curso 2022-2023

O Conservatorio Profesional de Música procede á convocatoria das probas de acceso ao curso académico 2022-2023 para o 1º curso do Grao Elemental e o 1º curso do Grao Profesional.

A matrícula nas probas de acceso poderá realizarse desde o luns 25 ata o xoves 28 de abril de 2022.

Grao elemental

Premendo no seguinte enlace poderase consultar a información correspondente ao acceso ao Grao Elemental, na que figura a oferta pública de prazas, os contidos das probas e os criterios de avaliación e cualificación. Os candidatos deberán ter oito anos de idade ou un máximo de catorce, cumpridos ou a cumprir dentro do ano natural de 2022.

Grao profesional 

Premendo no seguinte enlace  poderase consultar a información correspondente ao acceso ao Grao Profesional, na que figura a oferta pública de prazas, repertorio orientativo de cada especialidade, os contidos das probas e os criterios de avaliación e cualificación. 

Matriculación

A matrícula realizarase ONLINE, remitindo ao enderezo secretaria@cmusvilagarcia.gal a seguinte documentación: 

Solicitude de matrícula editable debidamente cumprimentada e asinada (preferible dixitalmente) e que tamén poden atopar baixo estas liñas como arquivo adxunto. 

- Copia escaneada do DNI do/a interesado/a ou folla do Libro de familia na que figure inscrito/a

No seguinte enlace poden atopar un modelo de examen ás probas de acceso ao Grao Profesional

Pagamento das Taxas

Unha vez recibida a solicitude de matrícula, o Conservatorio Profesional de Música remitirá por correo electrónico a cada  solicitante o documento de liquidación das taxas das probas de acceso,  polo importe de 31,20 € para o Grao Elemental e 82,20 € para o Grao Profesional,  que deberá ser aboado no prazo indicado no mesmo en calquera sucursal da rede de oficinas de ABANCA, BBVA, CaixaBank, Banco Santander ou ben a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Vilagarcía de Arousa neste enlace 

Unha vez realizado o pagamento o interesado deberá remitir copia do xustificante de pago ao enderezo secretaria@cmusvilagarcia.gal 

A matrícula nas probas de acceso no curso 2022-2023 non será efectiva ata que se reciba o xustificante de pago das taxas.

Datas 

As probas de acceso ao 1º curso do Grao Elemental está previsto teñan lugar o luns 30 ou martes 31 de maio de 2022.

As probas de acceso ao 1º curso do Grao Profesional está previsto teñan lugar desde o martes 24 ata o xoves 26 de maio de 2022.

A ter en conta

Os aspirantes ás probas de acceso recibirán información sobre o desenvolvemento da mesma no correo electrónico que faciliten no impreso de matrícula, así coma nesta propia páxina, onde se irán publicando os documentos informativos correspondentes  coma a composición dos tribunais, data e hora das probas, etc..

No suposto de que teñan algún tipo de dificultade para realizar a matrícula online, tal e como se indica anteriormente, pregamos contacten connosco no enderezo de correo secretaria@cmusvilagarcia.gal  ou no teléfono 986 500 916 para poder facilitar un sistema alternativo.

Todos os candidatos/as deberán acudir ás probas co seu DNI ou documento identificativo. Os candidatos/as ás Probas de Acceso ao Grao profesional deberán presentar partituras orixinais e acudir co acompañamento preciso, de sé-lo caso.

Tribunais das probas de acceso aos graos elemental e profesional

Tribunais de acceso ao Grao Profesional  - do 24 ao 26 de maio de 2022

Tribunal de acceso ao Grao Elemental - 30 de maio de 2022

AnexoTamaño
Inf. acceso 1º Grao Elemental CMUS Vilagarcia curso 2022-2023.pdf148.75 KB
Inf. Acceso 1º Grao Profesional CMUS Vilagarcía Curso 2022-23.pdf208.6 KB
Modelo examen PROBAS ACCESO GRAO PROFESIONAL.pdf1.45 MB
Tribunais_acceso_grao_elemental_maio_2022.pdf170.84 KB
Tribunais das probas de acceso grao profesional maio 2022_signed 160522.pdf255.54 KB


page | by Dr. Radut