Skip to Content

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

 

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación (DOG do 29 de setembro de 2021), pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos,  realizarase o vindeiro mes de novembro a renovación dos membros do  Consello Escolar do Conservatorio Profesional de Música que correspondan.

O procedemento para a dita renovación estará supervisado e organizado pola Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e estará integrada polos seguintes membros:

  • O director ou directora do centro
  • Un profesor ou profesora
  • Un pai ou nai ou titor legal
  • Un alumno ou alumna
  • Un representante do persoal de administración e servizos

Sigue o desenvolvemento do proceso nos seguintes enlaces: 

- Información constitución Xunta Electoral 2021

- Composición Xunta Electoral 2021

- Constitución da Xunta Electoral e calendario das eleccións novembro 2021

- Formulario presentación candidaturas Consello Escolar novembro 2021

 - Candidaturas presentadas para a renovación parcial do Consello Escolar

- Resultados das eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar 

- Composición Consello Escolar CMUS Vilagarcía 2021-22

 

 

 

INICIO DO CURSO ACADÉMICO 2021-22

Informamos á comunidade educativa que o curso académico 2021-22 dará comezo o mércores 15 de setembro de 2021 segundo o calendario escolar establecido pola CCEU para este curso e os horarios de cada alumno/a que xa

están xa dispoñibles na plataforma de xestión académica do centro  CENTROSNET.

Para ao acceso á plataforma CENTROSNET deberán premer no seguinte enlace:

https://www.informaticacentros.com/centrosnet/ultralogin.php?tcentro=CMU&centro=PO9

 O alumnado matriculado no centro en anos anteriores mantén o mesmo usuario e contrasinal.

O alumnado de novo acceso debe realizar os seguintes pasos:

Na pestana de Login alumnos deberán introducir

1. Data de nacemento do/a alumno/a no formato 00-00-0000

2. DNI do alumno/a sen letra

3. Premer en ENTRAR

4. A plataforma vai solicitar indiquen unha contrasinal persoal e un enderezo de correo electrónico, para proceder ao acceso definitivo á plataforma CENTROSNET, na que poden consultar os horarios, expediente, cualificacións, faltas de asistencia, etc…

 APP CENTROSNET

Todo o alumnado e as súas familias poden acceder á APP da plataforma de xestión académica CENTROSNET no seu móbil ou tablet na que terán un cómodo acceso aos horarios , avisos de publicación de cualificacións, faltas, etc… Para elo é necesario que previamente teñan accedido a CENTROSNET para darse de alta na plataforma desde o seu ordenador tal e como figura anteriormente sinalado.

 Para a descarga da APP CentrosNet  deben seguir os seguintes pasos:  

  1. Deberán descargar a APP CENTROSNET  (Play Store – Apple)
  2. Unha vez descargada seleccionar o centro CMU Vilagarcía de Arousa
  3. Introducir o usuario (Data de nacemento do/a alumno/a no formato 00-00-0000)
  4. Introducir a contrasinal: a que teñen indicado para o acceso a CENTROSNET desde o seu ordenador

AULA VIRTUAL

A Aula Virtual é un espazo virtual de docencia e de transmisión de contidos educativos que todo o profesorado terá actualizada no espazo das respectivas materias.

Todo o alumnado (ou as súas familias no caso de alumnos que non sexan quen de facelo solos) deben acceder a Aula Virtual no seguinte enderezo

https://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalvilagarcia/aulavirtual/

O  alumnado matriculado no centro en anos anteriores manten o mesmo usuario e contrasinal de acceso.

O alumnado de novo acceso debe realizar os seguintes pasos:

  • Indicar o usuario, que é o nome de cada alumno deste xeito : nome.apelido.apelido. No caso de ter un nome composto será: nomenome.apelido.apelido
  • Remitiremos á contrasinal de acceso por correo electrónico que deben mudar tan pronto accedan.

Unha vez realizada a alta na Aula Virtual poden descargar a APP de Moodle para o seu móbil do seguinte xeito:

ANDROID: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.moodle.moodlemobile&hl=es_419 

APPLE: https://apps.apple.com/es/app/moodle/id633359593

  1. Introducir o enderezo da Aula Virtual:  https://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalvilagarcia/aulavirtual/ 
  2. Introducir os datos que solicite a APP.

  

Para calquera dúbida poden dirixirse ao correo electrónico de secretaria@cmusvilagarcia.gal  ou no teléfono do centro 986500916

 

 

CONVOCATORIA EXTRORDINARIA DE ACCESO 1º CURSO DO GRAO ELEMENTAL SETEMBRO 2021

 

Esta convocatoria extraordinaria se realiza segundo a RESOLUCIÓN de data 31/08/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que autoriza ao Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arous á realización de probas de acceso extraordinarias ao 1º curso do Grao Elemental de Música para o curso 2021-22 debido ás vacantes producidas no centro desde o remate da convocatoria ordinaria. 

A Oferta de prazas 

ESPECIALIDADE

1º G. ELEMENTAL

FRAUTA

1

PERCUSIÓN

1

SAXOFÓN

1

TROMBÓN

1

TROMPA

1

TROMPETA

1

VIOLIN

1

VIOLONCHELO

1

TOTAIS

8

 

Matriculación do alumnado

A matriculación do alumnado realizarase nas oficinas do Conservatorio Profesional de Música os días 3, 6 e 7 de setembro en horario de 10:00 a 13:30 horas.

Os candidatos deberán ter oito anos de idade ou un máximo de catorce, cumpridos ou a cumprir dentro do ano natural de 2021.

O alumnado interesado en realizar as probas de acceso deberá cumprimentar a seguinde documentación:

· Impreso de matrícula nas probas de acceso 21-22 debidamente cumprimentado e elixindo por orde as especialidades instrumentais que o alumno desexaría estudar.

· Copia do DNI do(a alumno/a interesado/a ou a folla do Libro de Familia na que figure o/a mesmo/a

 

Pagamento das Taxas

·  Unha vez recibida a solicitude de matrícula o Conservatorio Profesional de Música remitirá por correo electrónico a cada  solicitante o documento de liquidación das taxas das probas de acceso polo importe de 31,20 € e que deberá ser aboado no prazo indicado en cualquera sucursal da rede de oficinas de ABanca, BBVA, CaixaBank o Banco Santander. Ou tamén a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Vilagarcía de Arousa  en https://sede.vilagarcia.gal. Unha vez realizado o pagamento,  o interesado deberá entregar o remitir ao centro o xustificante de pago.

 

No suposto de ter calquera problema para realizar a matrícula deberase comunicar por mail ao enderezo conservatorio@vilagarcia.gal  ou o teléfono 986500916.

 

Lugar e data de celebración das probas

As probas terán lugar o mércores 8 de setembro pola mañá no horario que se comunicará aos interesados por correo electrónico e no taboleiro de anuncios do centro,  unha vez finalice om prazo de matrícula. 

 

+info secretaria@cmusvilagarcia.gal

 

Telf.: 986500916

INFORMACIÓN PROBAS DE ACCESO EXTRAORDINARIAS AO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA 21-22 ELEMENTAL SETEMBRO 21

PROBAS DE ACCESO CURSO 2021-22

APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO AO  CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA PARA O CURSO ACADÉMICO 2021-2022

O Conservatorio Profesional de Música abre o proceso de inscrición para as probas de acceso ao curso académico 2021-2022 para o 1º curso do Grao Elemental e o 1º curso do Grao Profesional.

A matrícula nas probas de acceso poderá realizarse desde o mércores 12 ata o venres 21 de maio de 2021.

Toda a información sobre as probas de acceso poderase consultar premendo neste enlace ou ben no documento adxunto que figura baixo estas liñas, onde poderán atopar a oferta pública de prazas para cada un dos graos, así coma os contidos das probas, repertorio orientativo de cada especialidade e criterios de avaliación e cualificación das mesmas. 

A matrícula realizarase ONLINE, remitindo ao enderezo secretaria@cmusvilagarcia.gal a seguinte documentación: 

-  SOLICITUDE DE MATRÍCULA editable debidamente cumprimentada e asinada, preferible dixitalmente, e que tamén poden atopar baixo estas liñas como arquivo adxunto. 

- Copia escaneada do DNI do/a interesado/a ou folla do Libro de familia na que figure inscrito/a

Pagamento das Taxas

Unha vez recibida a solicitude de matrícula, o Conservatorio Profesional de Música remitirá por correo electrónico a cada  solicitante o documento de liquidación das taxas das probas de acceso,  polo importe de 31,20 € no caso do acceso ao Grao Elemental  e polo importe de 83,20 € no caso do acceso ao Grao Profesional,  e que deberá ser aboado no prazo indicado no mesmo en cualquera sucursal da rede de oficinas de ABanca, BBVA, CaixaBank ou Banco Santander. Ou tamén a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Vilagarcía de Arousa en https://sede.vilagarcia.gal.

Unha vez realizado o pagamento o interesado deberá remitir copia do xustificante de pago ao enderezo secretaria@cmusvilagarcia.gal 

A matrícula nas probas de acceso no curso 2021-22 non será efectiva ata que se reciba o xustificante de pago das taxas.

 

As probas de acceso ao 1º curso do Grao Elemental está previsto teñan lugar o luns 14 ou martes 15 de xuño de 2021.

As probas de acceso ao Grao Profesional están previsto teñan lugar entre o 7 eo 10 de  xuño de 2021.

Os aspirantes ás probas de acceso recibirán información sobre o desenvolvemento da mesma no correo electrónico que faciliten no impreso de matrícula, así coma nesta propia páxina, onde se irán publicando os documentos informativos correspondentes  coma a composición dos tribunais, data e hora das probas, etc..

No suposto de que teñan algún tipo de dificultade para realizar a matrícula online, tal e como se indica anteriormente, pregamos contacten connosco no enderezo de correo secretaria@cmusvilagarcia.gal  ou no teléfono 986 500 916 para poder facilitar un sistema alternativo. 

 IMPORTANTE: todos os candidatos/as deberán acudir ás probas co seu DNi ou documento identificativo. Os candidatos/as ás Probas de Acceso ao Grao profesional deberán presentar partituras orixinais.

 

TRIBUNAIS DAS PROBAS DE ACCESO AO GRAO PROFESIONAL. Publicada  a composición dos tribunais, admitidos, data e hora de celebración das probas de acceso ao Grao profesional que terán lugar entre o luns 7 e o xoves 10 de xuño de 2021. Consultar arquivo adxunto

 

Distribuir contido


by Dr. Radut