Skip to Content

Concerto na rúa do conxunto de clarinetes do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui

 

O terceiro concerto dos alumnos e profesores do Conservatorio Profesional/Escola de Música de Tui dentro do ciclo de concertos na rúa que foi aprazado por mor do mal tempo o pasado venres 18 de xuño terá lugar hoxe, xoves 1 de xullo no palco da música da corredera ás 20:15. Serán os alumnos do grupo de clarinetes do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui, dirixidos polo profesor Esteban Alonso Ubiña, os encargados de deleitar con diferentes formacións deste gran instrumento (tríos, cuartetos, sextetos e ata nove intérpretes á vez) e diferentes estilos musicais (clásica, pop, bso, jazz e música galega) a todo o público asistente.

 


blog | by Dr. Radut