Skip to Content

CURSILLOS DE INICIACIÓN MUSICAL GRATUITOS PARA NENOS E NENAS DE ENTRE 5 E 10 ANOS

                                         

Tal como demostran numerosos estudos científicos, a educación musical desenrola numerosas e importantes capacidades e valores para a educación integral dos alumnos, entre eles: 

  • Concentración.
  • Memoria.
  • Creatividade.
  • Psicomotricidade.
  • Traballo en equipo.
  • Valores de cooperación.
  • Esforzo.
  • Preserveranza.
  • Superación persoal.
  • Fomento da autoestima e autoconfianza.   

Tamén cabe recordar que desenvolven as 7 competencias claves incluidas no actual currículo educativo:

1º. Comunicación lingüística (CCL).

2º. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT).

3º. Competencia dixital (CD).

4º. Aprender a aprender (CAA).

5º. Competencias sociais e cívicas (CSC).

6º. Sentido da iniciativa e espíritu emprendedor (CSIEE).

7º. Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Os cursos que este verán organiza o Conservatorio Profesional/Escola de Música de Tui, que son totalmente gratuítos, realizaranse entre os días mércores 23 e mércores 30 de xuño, en horario de mañá (horario por determinar). Os alumnos de entre 7 e 10 anos poderán probar ata tres instrumentos diferentes da súa elección. Por outra parte, para os máis pequenos, de entre 5 e 6 anos, a actividade consistirá nun acercamento á música dende un punto de vista totalmente lúdico baseado no xogo, baile e canto (Música e Movemento).

A inscrición para estas actividades poderá realizarse:

  1. A través do seguinte formulario web.
  2. Imprimindo a solicitude correspondente do anexo inferior, sacándolle unha foto e enviandoa por whatsapp ao 687249957 ou por email ao: cmus.profesional.tui@edu.xunta.es
  3. De xeito telefónico chamando ao 986-60-44-04 / 687249957 en horario de oficina:

             Ata o venres 11 de xuño: ​​Luns de 9:00 a 13:30 hs. e de 15:00 a 20:00 hs. e de martes a venres de 15:00 a 20:00 hs.

              A partir do luns 14 de xuño: Luns a venres de 9:00 a 13:30 hs.

 

ANEXO:

Inscrición Música e Movemento (5 e 6 anos) (Click para descargar o arquivo)

Inscrición Proba de Instrumentos (7 a 10 anos) (Clik para descargar o arquivo)

 

 

FORMULARIO WEB DE INSCRICIÓN

wf      
wf      
     
     
     
wf      
wf      
     

No caso de Música e Movemento (5 e 6 anos) marcar só a opción Música e Movemento. No caso de proba de instrumentos marcar ata 3 instrumentos diferentes que o neno queira experimentar.

wf      
     


webform | by Dr. Radut