Erasmus

ERASMUS+. CHARLA INFORMATIVA SOBRE MOBILIDADES.

O venres 11 de maio, o coordinador de programas internacionais, acompañado polos profesores participantes na recente mobilidade a Wroclaw (Polonia), convocou a  todo o profesorado do centro a unha xornada informativa sobre os programas Erasmus+ e na que se trataron principalmente dous temas:

  • Que é un proxecto Erasmus+?. Partes que o forman, como se realiza e como se solicita.
  • Mobilidade a Wroclaw do mes de abril. Actividades realizadas.

foto presentacion

 

ERASMUS+

MOBILIDADE 2017-1-ES01-KA102-037256

O consorcio formado polo CIFP A Xunqueira, actuando como coordinador; CIFP Coroso de Santa Uxía de Ribeira; IES Daviña Rey de Monforte de Lemos e IES A Paralaia de Moaña, veñen de realizar unha mobilidade  a Wroclaw (Polonia) dentro do proxecto 2017-1-ES01-KA102-037256.

O programa de traballo desenvolvido durante a estancia foi o seguinte:

  • Luns 23 de abril: visita ao centro Zespół Szkól Nr 6, ul. Nowodworska 78/82, 50-001 Wrocław.
  • Martes 24 de abril: visita ao centro Zespół Szkól Nr 18, ul. Młodych Techników 58, 53-645 Wrocław.
  • Mércores 25 de abril: visita ao centro Zespół Szkół Ekonomiczno-Administracyjnych, ul. Worcella 3, Wrocław.
  • Xoves 26 de abril: visita ao centro CKP, ul. Strzegomska 49A, 53-611 Wrocław.
  • Venres 27 de abril: visita ao Kuratorium Oświaty we Wrocławiu.

Esta mobilidade é a primeira das dúas programadas neste proxecto e que se completará con unha a realizar no vindeiro mes de setembro a Recklinghausen (Alemania), sendo a continuación á xa iniciada no pasado mes de setembro de 2017 en Olomouc (República Checa).

MOBILIDADE ERASMUS+ PARA PROFESORES

De acordo co procedemento para o desenvolvemento do proxecto de movilidade Erasmus+ 2016-1-ES01-KA102-024869 "Next Station: Improving Professional Skills in Galicia" 2016-2018, a Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa convoca estadías para profesorado no extranxeiro, para realizar as movilidades no período de novembro de 2016 a xullo de 2017. A duración desta estadías pode ser dunha semana ou dun mes.

O profesorado interesado presentará na xefatura de innovación e calidade un proxecto da estadía donde contemple os obxetivos, país de destino e un programa de traballo firmado polos dous socios (socio de envío e socio de acollida).

A data límite para presentar a documentación termina 12 de decembro de 2016.

ERASMUS +

O CIFP A Xunqueira convoca prazas para desenvolver a FCT en países da Unión Europea, para alumnos de segundos cursos de ciclos medios e superiores.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

Valoración:

  • Non ter sido beneficiario de becas ou axudas para a mesma finalidade.
  • Ter superados todos os módulos profesionais de 1º y 2º curso do ciclo e expediente académico.
  • Con mínimas competencias lingüísticas orais no idioma do país de destino.
  • Ter un alto grao de madurez, responsabilidade, flexibilidade e adaptabilidade. Ser independente na xestión dos seus propios asuntos.
  • Ser estable emocional mente para poder afrontar un cambio de vida, costumes, entorno,…
  • Estar moi motivado para vivir esta experiencia.

Entrevista:

  • Entrevista persoal co candidato, que versará sobre:
  • Expresión e comprensión nun idioma estranxeiro.
  • Ser maduros e flexibles para afrontar as dificultades.
  • Ter unha mente aberta e interese en descubrir novas formas de vida, demostrando motivación, iniciativa e entusiasmo por aprender.

Compromiso:

  • —  Facer todo o posible para que as prácticas sexan frutíferas, completando a xornada laboral e as tarefas asignadas.
  • Respectar ao máximo as canles de comunicación para o correcto funcionamento da xestión.
  • Respectar as normas e códigos de conduta da organización de envío e do centro de traballo.
  • —  Xerar toda a documentación que se esixa en cada un dos programas.
  • Comunicar a organización calquera problema relacionado co desenvolvemento da estancia.

 

COMISIÓN DE SELECCIÓN

Equipo docente.

Coordinador de proxectos europeos.

Director.

PROGRAMA ERASMUS +

APRENDER CO PROFESORADO CHECO E POLACO

O CIFP A Xunqueira encabeza un consorcio que participou, un curso máis , nos Programas Educativos Europeos .

 Un   grupo de profesores do CIFP A Xunqueira de Pontevedra, e contando coa colaboración, como socios, do IES Francisco Daviña Rey, de Monforte de Lemos e do CIFP Coroso, de Santa Uxía de Ribeira  realizaron un novo proxecto de mobilidade dentro dos programas Erasmus+ , no formato “Job shadowing”.

O presente plan está incluído na acción “Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe” (KA1) dentro do EUROPEAN TEACHER OBSERVATION e supuxo dazaoito mobilidades de profesores que fixeron de observadores dos seus colegas checos  e polacos .

No mes de abril, desprazaronse   nove  profesores do CIFP A Xunqueira e tres do  IES Daviña  Rey  á Escuela Politécnica Secundaria en Rooseveltova 79, Olomouc (Rep. Checa).

Este  centro checo  conta con oitocentos estudantes de idades comprendidas entre os quince  e os vinteseis anos, e con un cadro de oitenta profesores que  imparten estudos relacionados coas especialidade de Madeira Moble e Cortiza, Electricidade-Electrónica así como Transporte e Mantemento de Vehículos.

As seis mobilidades restantes, corresponden a Profesores do CIFP Coroso de Ribeira (catro), e IES Daviña Rey de Monforte (dous) que neste caso se desprazaron, nas mesmas datas, a Wroclaw (Polonia) onde foron recibidos e coordinados na Schools Inspection Office Kuratorium Oswiaty polo xefe de inspectores da comarca Sr. Kaminsky.

A finalidade do proxecto é compartir aula cos profesores dos centros de acollida e os obxectivos que se pretenden acadar son:

·         Estudio da didáctica empregada á hora de impartir unha clase por profesores de especialidade similares en distintos países da comunidade económica europea.

·         Estudio da metodoloxía empregada.

·         Dispoñibilidade e uso de recursos.

·         Estudio dos criterios e procedementos de cualificación e avaliación.

·         Ademais destes obxectivos, observaronse as condicións das infraestruturas e espazos dedicados  á docencia dos centros nos que se conviviiu: dimensións das aulas, luminosidade, ratio alumno/profesor, accesibilidade, e todo o que afecta á tarefa  docente.

Pódese seguir o desenvolvemento destes proxectos e  obter puntual información  das actividades que se realizan a través  do  blog do CIFP A Xunqueira  www.euroxunqueira.blogspot.com




EUROPA. NEXT STATION: VOCATIONAL TRAINING NETWORK.

Criterios de selección dos alumnos en prácticas.

Valoración

  • —  No terse beneficiado de becas ou axudas para a mesma finalidade.
  • —  Ter superados todos os módulos profesionais de 1º y 2º curso do ciclo e expediente académico.
  • —  Con mínimas competencias lingüísticas orais en italiano.
  • —  Ter un alto grao de madurez, responsabilidade, flexibilidade e adaptabilidade. Ser independente na xestión dos seus propios asuntos.
  • —  Ser estable emocionalmente para poder afrontar un cambio de vida, costumes, entorno,…
  • —  Estar moi motivado para vivir esta experiencia.

Entrevista

Faranse preguntas sobre os seguintes puntos:

  • —  Expresión e comprensión nun idioma estranxeiro.
  • —  Ser maduros e flexibles para enfrontar as dificultades.
  • —  Ter unha mente aberta e interese en descubrir novas formas de vida, demostrando motivación, iniciativa e entusiasmo por aprender.

Compromiso

  • —  Facer todo o posible para que as prácticas sexan frutíferas, completando a xornada laboral e as tarefas asignadas.
  • —  Respectar ao máximo as canles de comunicación para o correcto funcionamento da xestión.
  • —  Respectar as normas e códigos de conduta da organización de envío e do centro de traballo.
  • —  Xerar toda a documentación que se esixa en cada un dos programas.
  • —  Comunicar a organización calquera problema relacionado co desenvolvemento da estancia.

Comisión de selección

  • —  Equipo docente
  • —  Director do centro.
  • —  Coordinador proxectos europeos

 

       2014-1-ES01-KA102-002180

EUROBOLSAS ERASMUS

www.obrasocialcajamadrid.es


Entidade: Caja Madrid


Requisitos: estar a cursar Ciclos Formativos de Grao Superior, ter gañado unha bolsa de mobilidade para realizar as prácticas da FCT no ano 2012 co Programa Erasmus, do programa de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea.Non gozar dunha bolsa complementaria concedida por outra entidade privada co mesmo destino.


Prazo aberto ata o 23 de xaneiro 2012.


Contacto: Obra Social Caja Madrid.


Teléfono: 915616210.


Descrición:axuda económica para complementar a axuda que a Unión Europea concede ao estudante para realizar as súas prácticas no estranxeiro baixo o Programa Erasmus.A contía da bolsa é de 500 euros brutos.

INFORMACIÓN SOBRE PROXECTOS INTERNACIONAIS

Os días 19 e 20 de decembro no horario do recreo no salón de actos do CIFP faráse unha presentación dos PROXECTOS INTERNACIONAIS.


No recreo do luns día 19 de decembro para estudantes dos ciclos de grao medio interesados en estancias transnacionais en empresas.


No recreo do martes día 20 de decembro para alumnos dos ciclos superiores.


A presentación a dirixe o profesor J.L Entenza, coordinador dos Programas Internacionais


 

Distribuir contido