Información e orientación profesional

OFERTA DE EMPREGO: CARPINTARÍA NAÚTICA E NAVAL

Empresa: NAUTEKA

Localidade: Bueu

Descrición: fabricación, reparación e instalación en carpintaría naútica e naval.

Requisitos:

-Rematados estudos como minimo de Grao Medio de Carpintaria .

-Manexo de CNC

-Persoa responsable con dispoñibilidade para viaxar e ganas de aprender.

Condicións: Contrato en prácticas como mínimo de 6 meses con posibilidade de renovación. No caso de demostrar aptitudes e coñecementos tería un complemento na nómina dun importe nunca inferior a 200 euros.

Horario de 07:00 a 15:00 horas con posibilidade de facer horas extras remuneradas.

Contacto: persoas interesadas enviar CV a gestion@nauteka.com

CONVOCATORIA DO CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2018

A Consellería convoca o Concurso Eduemprende Idea 2018,  dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
 
Comprende dúas modalidades:
-A: ciclos de grao superior
-B: ciclos de grao medio

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

Premios:

a) Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Asesoramento técnico do IGAPE

c) Dotación económica (3 premios para grao medio e 3 para grao superior)

1º premio: 3000 euros, 2º premio: 2000 euros, 3º premio: 1000 euros

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 5 de maio de 2018.

Pódese ampliar a información na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-idea

Premios "Talento Emprendedor"

Dende o 26 de febreiro ao 2 de marzo celebrouse a Semana do Emprendemento no CIFP A Xunqueira.

Entre as actividades desenroladas realizouse un concurso para premiar o talento emprendedor.

Os premiados son os seguintes:

1º PREMIO: Sara Ríos Pérez. Ciclo Superior "Educación Infantil"

Idea emprendedora: "Libraría e cafetaría"

2º PREMIO: Cristina Área. FP Dual CM "Atención a persoas en situación de dependencia"

Idea emprendedora: "Parque de atraccións para persoas con diversidade funcional"

3º PREMIO (dous premiados coa mesma puntuación)

- Iria Castellanos. Ciclo Superior "Promoción de Igualdade de Xénero". Idea emprendedora: "Asesoría de igualdade"

- Iván José Carro González e Andrés Area Méndez . Ciclo Medio "Carpintería e Moble". Idea emprendedora: Empresa I y A de servizos para o fogar.

SEMANA DO EMPRENDEMENTO NO CIFP A XUNQUEIRA

Ao longo da semana do 26 de febreiro ao 2 de marzo levaranse a cabo no centro diferentes charlas con persoas emprendedoras dos sectores profesionais relacionados coas familias profesionais ofertadas. Están dirixidas ao alumnado de 2º curso.

Programación

Mércores, 28 de febreiro, de 10:30 a 11:30. Charla específica: Servizos socioculturais e á comunidade

Lugar de celebración: salón de actos

Empresas: Centro de Sisae e Sendosisae (María Tristán) e Musicanda (Antía Pérez)

Xoves, 1 de marzo, de 12.00 a 13.30. Charla xeral para alumnado de 2º curso de todos os ciclos formativos

Lugar de celebración Salón de actos

Relatores: persoal técnico do IGAPE e dúas persoas emprendedoras

Mércores, 28 de febreiro, de 12.00 a 13:00. Charla específica Electricidade e electrónica

Lugar de celebración: biblioteca

Empresas: Cactus Digital (Jaime Barreiro Laredo)

Venres, 2 de marzo, de 9:30 a 10:30. Charla específica Madeira , moble e cortizaLugar de celebración: biblioteca

Empresas: Celso Tomé (Maica) e Daniel Somoza (antiguo alumno do CIFP)

Venres, 2 de marzo, de 12:00 a 13.00. Charla específica para Transporte e mantemento de vehículos

Lugar de celebración: salón de actos

Empresas: Sertali (Óscar Franco Muíños) e Iván Fernández Rey. Os dous son antiguos alumnos.

CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE FP

A Consellería de Cultura Educación e Ordenación universitaria convocou os premios extraordinarios de FP para os titulados e tituladas en ciclos formativos de grao superior que remataron estudos no 2017.

Requisitos de participación:

     - Ter cursado estudos de FP de grao superior no curso 2016/17 nalgún centro de Galicia, na modalidade presencial ou a distancia e telos rematado no ano 2017.

     - Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

Presentación de solicitudes: prazo dun mes a partir do día seguinte a súa publicación no DOG (15 de febreiro). A  solicitude está dispoñible e presentarase a través da sede eléctronica da Xunta de Galicia( https://sede.xunta.gal); opcionalmente pode facerse nun rexistro xeral da Xunta de Galicia.

O premio consiste nunha dotación económica (máximo 850 euros) e un diploma acreditativo e constará nas súas certificacións académicas.

Otorgase un premio extraordinario por familia profesional implantada en Galicia

Máis información

OFERTA DE EMPREGO: CHAPA E PINTURA

Empresa: Grúas Rubio

Localidade: Caldas de Reis

Requisitos: técnico/a en Carrozaria.

Preferente da zona de Caldas e arredores.

Descrición: mantemento de ferramentas e maquinaria. Formación ou disposición para formarse no traballo con plásticos e fibras.

Condicións: horario laboral de mañá e tarde.

Contacto: enviar CV a comercial@gruasrubio.com

Indicar que se coñeceu a oferta de traballo a través da bolsa de emprego do CIFP A Xunqueira

BOLSAS DO MECD PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS: CICLOS MEDIOS, SUPERIORES E FP BÁSICA

Está aberto o prazo de solicitude das bolsas xerais do Ministerio de Educación para estudos postobrigarios no curso 2017-18.

Poderá solicitala o alumnado de ciclos medios, superiores e FP Básica.

Prazo de presentación: do 11 de agosto ao 3 de outubro de 2017.

A solicitude presentase mediante formulario on-line

Máis información http://www.mecd.gob.es/portada-mecd/

 

OFERTA DE EMPREGO: PINTOR DE VEHÍCULOS

Empresa: Carrocerias Dafer SA.

Actividade: fabricación e reparación de furgóns frigoríficos e paquetería, isotermización de furgonetas.

Localidade: Ponteareas

Requisitos: Ciclo Medio de Carrozaría vehículo propio, traballo en equipo, iniciativa e valorable coñecementos en traballos con poliéster.

Condicións:  horario laboral: 6:45 – 15:00, traballos a realizar nas instalacións de Carrocerías Dafer SA en Ponteareas, contrato temporal con posibilidade de conversión a indefinido, categoría peón, convenio metal

Contacto: enviar CV a administracion@dafer.com

ADMISIÓN E MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS DE FP. CURSO 2017-18

O prazo de presentación de solicitudes de admisión a  ciclos estará aberto desde o 26 de xuño ao 4 de xullo, ata as 13:00 h.

Toda a información sobre admisión pode consultarse na páxina web da Consellería de Educación.

Calendario de admisión e matrícula

O calendario de matrícula para o alumnado do Centro pode consultarse no arquivo adxunto.

Oferta educativa no CIFP A Xunqueira 2017-18

 

Réxime ordinario

Réxime persoas adultas

Presencial

Distancia

Ciclos medios

Ciclos superiores

Ciclos medios

Ciclos superiores

Ciclos medios

Ciclos superiores

Electricidade e electrónica

CM Instalación de telecomunicacións

CS Mantemento electrónico.

CS Sistemas de telecomunicacións e informáticos

 

CS Sistemas de telecomunicacións e informáticos

 

 

Madeira, moble e cortiza

CM Carpintaria e moble

CM Instalación e amoblamento

CS Deseño e amoblamento

ZM Instalación e amoblamento

 

 

 

Servizos socioculturais e á comunidade

CM Atención a persoas en situación de dependencia

CS Educación infantil

CS Integración social

CS Promoción de igualdade de xénero

ZM Atención a persoas en situación de dependencia

 

ZM Atención a persoas en situación de dependencia

CS Educación infantil

Transporte e mantemento de vehículos

CM Electromecánica de vehículos automóbiles

CM Carrozaría

 

 

ZS Automoción

 

 

Lémbrase ao alumnado de ciclos de réxime modular (presencial e distancia) que cada curso deben presentar solicitude de admisión.

AVISO RÉXIME MODULAR PRESENCIAL. Neste réxime a asistencia á clase é obrigatoria, polo que a matrícula realizarase en módulos cunha compatibilidade horaria do 90%. Para poder garantir esta compatibilidade horaria, é necesario consultar o horario establecido polo Centro educativo para cada Ciclo Formativo (ver documentos adxuntos co horario de cada un dos ciclos ofertados no réxime para persoas adultas presencial)

ADMISIÓN NA UNIVERSIDADE. CURSO 2017-18

O prazo de solicitude de admisión ao Sistema Universitario de Galicia está aberto ata o 3 de xullo, ás 14:00 h.

Documentación necesaria para a admisión:

  • Fotocopia de DNI, NIE ou pasaporte (estranxeiros)

         Os/as titulados/as de FP, agás os que se presentasen á parte voluntaria da ABAU na convocatoria ordinaria de 2017:

  • Certificación expedida polo Centro das cualificacións obtidas no ciclo (solicitar na Secretaría do CIFP)
  • Acreditación de ter aboadas as taxas para a expedición do título (solicitar impreso na Secretaría do CIFP)
  • De ser o caso, documento acreditativo das cualificacións das materias da fase específica da PAU 2016

A presentación da solicitude e documentación pode facerse en calquera LERD do SUG. En Pontevedra está ubicado no Campus de A Xunqueira, edificio de Forestais.

Máis información na páxina da ciug (admisión, matrícula, titulacións do SUG, notas de corte, …) e no portal de FP (catálogo de validacións desde ciclos a estudos universitarios)

Distribuir contido