Madeira moble e cortiza

Exposición "Artesanía en madeira"

     

No CIFP A Xunqueira, durante os días 18, 19 e 20 de maio, exponse unha mostra de artesanía en madeira.

Todas as pezas foron elaboradas artesanalmente por un dos profesores do Centro, Vicente Cortizo Blanco.

A exposición pode visitarse na Biblioteca do Centro.

Ademáis este sábado estará aberta de 10:00 a 13:30 h para o público en xeral.

IV XORNADAS DE ARTESANÍA EN MADEIRA

    O Departamento de Madeira, moble e cortiza do CIFP A  Xunqueira organiza as IV Xornadas de Artesanía en madeira, cuxo obxectivo é dar a coñecer outras posibilidadades da madeira, ademáis da fabricación e instalación de carpintaría e moble convencional, titulacións que se obteñen nos ciclos formativos impartidos neste departamento, así como realizar unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as ensinanzas que aquí se imparten e os traballos que se realizan.

    Nesta cuarta convocatoria contarase coa participación de artesáns de toda Galicia, entre eles José Luis Bernat Varela, José García Otero, torneiros, Manuel Vázquez Sabarís, toneleiro, Enrique Taboas, cesteiro,    Roberto Figueira Martínez, tallista, Xosé Piñeiro Pérez, Fabricación de gaitas, Maite Prieto Fernández, acabados tradicionais, Cesar Loureiro Sobral, luthier, Centro de Formación A Aixola - Fundación Cetmar especialista en carpintaría de ribeira e Guillermo Manuel Rocha Silvet, xoguetes de madeira.

    A xornada desenvolverase o vindeiro día 9 de febreiro de 10:00 a 13:30 h. e de 16:00 a 19:00 h, nas instalacións do Departamento de Madeira do CIFP A Xunqueira.

 

 

 

 

 

 

EXPOSICIÓN DE VICENTE CORTIZO

O profesor, Vicente Cortizo, expón no Concello de Forcarei os seus traballos de talla e torneado en madeira.

A exposición inaugurouse o 5 de decembro e permanecerá aberta ata o día 11.

                                    
                              

 

EXPOSICIÓN DE VICENTE CORTIZO

COLABORACIÓN COA CANCEIRA DE POIO

Alumnado e profesorado do Departamneto de Madeira, moble e cortiza colaboran coa Canceira de Poio na construcción de 4 casetas de madeira para os cans que esperan adopción.

O traballo de construcción foi realizado principalmente polos alumnos de 2º curso de FP Básica de Carpintaría e moble, dirixidos polos seus profesores.

Parabéns a todos os participantes neste proxecto solidario.