FOL

Visita do alumnado do CIFP A Xunqueira ao Xulgado do Social de Pontevedra

 

O mércores 25 de abril o alumnado de 1º curso do Ciclo Superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos e do Ciclo Medio de Atención a Persoas en situación de dependencia tiveron a oportunidade de asistir ao Xulgado do Social de Pontevedra para presenciar a celebración de varios xuizos en materia laboral. 

Esta actividade foi organizada por profesorado do Departamento de FOL do CIFP A Xunqueira que acompañaron ao alumnado para aclarar as súas dúbidas e darlles a posibilidade de coñecer a aplicación práctica da normativa laboral e procesal.

Ao longo da xornada celebráronse varios xuizos sobre reclamacións de cantidade, clasificación profesional, etc

 

AS COOPERATIVAS TAMEN SON EMPRESAS

Rede: Eu Sumo


Descricion: Gratuito.O obxectivo é dar a coñecer a fórmula de cooperativa como alternativa válida e viable para o fomento de emprego.


Días 2-4-9 xullo de 10:30 a 13:30


Localidade: Cámara de comercio de Vigo.


Inscrición:986136592


 

SERVIZO DE CREACIÓN DE EMPRESAS:CONCELLO DE PONTEVEDRA

¿Queres recibir asesoramento na creación da túa empresa?

Destinatarios: Persoas con inicitiva empresarial que vaian crear a súa empresa no concello de Pontevedra.

Para solicitar cita previa no servizo de creación de empresas, é necesario enviar un email a iles_administracion@concellopontevedra.es ou chamar ao teléfono 986841606

SERVIZO DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL :CONCELLO DE PONTEVEDRA

¿Queres recibir orientación laboral?

Destinatarios: Persoas empadroadas no concello de Pontevedra en busca de emprego.Para inscribiros no servizo é necesario solicitar cita previa enviando un email a iles_administracion@concellopontevedra.es ou no teléfono: 986841606

XORNADA SOBRE OS NOVOS CONTRATOS FORMATIVOS E CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

Entidade: AEMPE

Descrición: Gratuíta

Data: 19/06/2012 ás 19:00 horas

Localidade: Pontevedra

Prazo: ata o 14/06/2012

Inscrición: 986866376

aempe@aempe.es

PROGRAMA DE BECAS DE F.P:BPFP

A Consellería de Cultura, Educación e O.U e FEUGA (Fundación Empresa  Universidade Galega)poñen en marcha un Programa de Becas de Formación Profesional  para que recién titulados poidan realizar prácticas formativas en empresas de xeito que se facilite seu acceso ao mercado laboral.O programa está orientado a titulados de grao medio ou superior . Os solicitantes precisan estar inscritos no Servizo Público de Empleo, ser menores de 30 anos, ter cursado estudos en algún dos centros de FP públicos galegos e ter finalizado nos derradeiros 3 anos e non ter desempeñado ningún traballo remunerado relacioado coa súa titulación.A obtención da beca da dereito a percibir a asignación económica coa que está dotada.Dita asignación está orientada a posibilitar o estudo e formación do becario. O PBFP ten natureza extralaboral.Durante o periodo de formación os becarios deberán atender as orientacións que lle formulen os titores designados.As becas terán unha duración mínima de 2 meses e máxima de 12 meses.Os becarios serán incluídos no Réxime Xeral da Seguridade.A asignación económica mínima é de 500 euros brutos por cada mes (xornada completa) e contarán cun seguro de accidentes , suscrito por FEUGA.Co fin de completar a súa formación os becarios poderán realizar nos primeiros meses da beca, o Programa Despega de Entrenamento Profesional e Desenvolvemento Persoal , que consta de 53 horas de formación teórica ou lectiva on line.


Sobre as cantidades a percibir polo becario FEUGA, practicará as retencións tributarias esixibles.


O disfrute da beca é incompatible coa percepción do becario de calquera retribución derivada da realización de traballo pola súa parte, xa sexa por conta propia ou allea, cobro de prestacións ou outras becas.


As solicitudes poderán ser formuladas en FEUGA ou a través do Servizo Público de Emprego de Galicia, facendo constar que desexa acceder o PBFP de FEUGA. para a selección poderá realizarse unhas probas de aptitud e de competencias así como unha entrevista.


www.feuga.es


Feuga Vigo


Área Comercial -Local A9.Campus Universitario Lagoas-Marcosende.Vigo.


Teléfono: 986812665


PRACTICAS PROFESIONAIS PARA TITULADOS DE F.P DE GRAO SUPERIOR.PROGRAMA PASARELA.

ENTIDADE: Fundación Universidade Empresa,Universidade Rey Juan Carlos.


Requisistos: Titulación obtida 5 anos anteriores, non ter experiencia laboral relacioada.Menores de 30 anos.


Prazo: Aberto todo o ano.


Descrición: 12 meses de práticas remuneradas en empresa, 700 euros/mes a xornada completa + 80 horas de formación presencial e a distancia.


www.fue.es


 

CURSOS DE FORMACIÓN PERMANENTE PARA DESEMPREGADOS (AFD) 2012

Xa está publicada na páxina web da Consellería de Traballo a relación de cursos dispoñibles,que se irá actualizando periodicamente con novas ofertas.Os cursos terán lugar ó longo do ano 2012.Máis información: http://traballo.xunta.es/afd na sección de programación aprobada.Inscrición na túa Oficina de Emprego.

IDEAS 4ALL

Onde xorden as ideas?


O blog da rede social de ideas de negocio, ideas4all  na que os seus seguidores comentan e comparten ideas, problemas e solucións, recolle un estudio de business opportunities onde se prantexaron a pregunta de “onde xorden as novas ideas” .


As respostas a enquisa mostran que no momento da ducha é onde temos mais probabilidade de atopar a inspiración, un 39% das veces, seguido dos momentos adicados ao deporte, o  14% das novas ideas nos aparecen mentres o practicamos, e no terceiro lugar atópase a lectura, cun 12%.


Na cola das actividades que facilitan a inspiración temos, sorprendentemente o momento de descanso –só un 1%- das ideas aparecen mentres durmimos, e tampouco comendo, cun 3%, parece ser outro lugar no cal a nosa mente traballe para nos.


E vos…onde pensades que xorden as ideas?



Blog BIC Galicia

Distribuir contido