Secretaría

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

No Diario Oficial de Galicia do día 20 de xaneiro está publicada a resolución na que se convocan as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior na Comunidade Autónoma de Galicia.


Nesta ligazón podes baixar a convocatoria.


Nesta ligazón accedes a toda a información relacionada cos ciclos de grao medio.

Nesta ligazón accedes a toda a información relacionada cos ciclos de grao superior

LEI DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN

Información na web da Xunta de Galicia sobre a futura Lei de convivencia e participación:

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez
Abad; e o secretario xeral de educación, Jesús Oitavén; presentaron hoxe
o borrador do anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da
Comunidade educativa, un texto que, tal e como explicou o titular do
departamento educativo da Xunta,  ten como obxectivo “crear e reforzar
os instrumentos xurídicos que permitan acadar e manter un clima de
convivencia, a través da restauración de certos valores e comportamentos
e que, simultaneamente, dignifique a profesión docente”.

 

CONCURSO DE TRASLADOS

Xa está publicado no DOG o concurso de traslados correspondente a este ano. Podedes baixalo desde esta ligazón ou desde o apartado "lexislación" do curso SECRETARÍA na aula virtual

Distribuir contido