Avisos

INFORMACIÓN PARA OS INTERESADOS NA LICITACIÓN DO CONTRATO PARA A EXPLOTACIÓN DE CAFETERÍA EN CENTROS PÚBLICOS.

Ata o 31 de xullo do 2016 estará aberto o prazo para presentar ofertas para a contratación do servizo de explotación da cafetaría escolar do CIFP A Xunqueira.

 

A duración do contrato será anual, non admitindo prórroga automática ao seu fin, senón que sairá novamente a licitación.

 

Toda a información relativa ás condicións de contratación, así como a documentación que deberá achegarse en cada momento, encóntrase exposta no Taboleiro de Anuncios do CIFP, e como adxuntos na páxina web: www.edu.xunta.es/cifpxunqueira

INSTRUCCIÓNS PARA O PROFESORADO SOBRE AS ENQUISAS DE FCT (EMPRESAS E ALUMNADO)

1-    Intentar cubrir todos os apartados da enquisa. Especial fincapé nos datos iniciais: Ciclo, empresa, titor/a, período, etc.

2-    Intentar puntuar cada resposta. Si se marca NC, observar que leva asterisco o que significa que haberá que explicar o motivo no apartado de comentarios.

3-    Pedir tanto ao alumnado como ás empresas que intenten cubrir o apartado de comentarios e propostas de mellora. Para facilitar a súa cumprimentación suxírense tres puntos a valorar, ademáis do que cada cal crea convinte sinalar.

Estes tres puntos son os seguintes:

  1. Coñecementos teórico-prácticos do alumnado ao inicio da FCT: se foron suficientes, se botan en falta máis coñecementos prácticos que teóricos, etc.
  2. Habilidades sociais do alumnado: se a relación cos compañeiros/as e xefes/as foi cordial, se se mostraba agresivo, cooperativo, activo, pasivo, etc.
  3. Idiomas: se consideran necesario que o alumno/a adquira estes coñecementos na formación inicial para ter máis opcións na súa carreira profesional ou polo contrario non cre que sexan necesarios.

 

Distribuir contido