FOL, Información e orientación profesional, Departamentos, Calidade e innovación, Relación con empresas, Acreditación e probas

ADMISIÓN A CICLOS DE FP. CURSO 2018-19

O prazo de solicitude de admisión a ciclos de grao medio e superior para o curso 2018-19 estará aberto do 25 de xuño ao 3 de xullo ás 13.00h.

Calendario de admisión

Máis información

PROBAS LIBRES 2018: LISTAXES DE PERSOAS ADXUDICADAS E INICIO DE MATRÍCULA

Publicada a listaxe de persoas adxudicadas nas probas libres para a obtención de títulos LOE por centro elixido en primeira opción.

Listaxe 1ª adxudicación ordinaria

As persoas con praza adxudicada poden matricularse no Centro desde o 15 ata o 21 de maio ata as 13:00 h.

Documentación para a matrícula:

-1 foto tamaño carné

-Fotocopia DNI/NIE/Pasaporte

-Certificado de estudos, se non se presentou na admisión.

-Pago do seguro escolar (exentos maiores de 28 anos)

-Impreso e sobre de matrícula (dispoñible no Centro)

As programacións dos diferentes módulos están dispoñibles na Conserxería do CIFP.

Os horarios de exames de probas libres poden consultarse no CIFP e nos arquivos adxuntos.

Lémbrase que a xornada de acollemento será o venres, 1 de xuño, no salón de actos do CIFP A Xunqueira, en horario de 9:30 a 10:30 h. A asistencia é obrigatoria.

PROBAS LIBRES 2018. LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de titulos de FP (LOE).

Consultar aquí as listaxes.

Período de reclamación: do 7 ao 9 de maio ata as 13.00 horas, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición

Visita do alumnado do CIFP A Xunqueira ao Xulgado do Social de Pontevedra

 

O mércores 25 de abril o alumnado de 1º curso do Ciclo Superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos e do Ciclo Medio de Atención a Persoas en situación de dependencia tiveron a oportunidade de asistir ao Xulgado do Social de Pontevedra para presenciar a celebración de varios xuizos en materia laboral. 

Esta actividade foi organizada por profesorado do Departamento de FOL do CIFP A Xunqueira que acompañaron ao alumnado para aclarar as súas dúbidas e darlles a posibilidade de coñecer a aplicación práctica da normativa laboral e procesal.

Ao longo da xornada celebráronse varios xuizos sobre reclamacións de cantidade, clasificación profesional, etc

 

OFERTA DE EMPREGO: CARPINTARÍA NAÚTICA E NAVAL

Empresa: NAUTEKA

Localidade: Bueu

Descrición: fabricación, reparación e instalación en carpintaría naútica e naval.

Requisitos:

-Rematados estudos como minimo de Grao Medio de Carpintaria .

-Manexo de CNC

-Persoa responsable con dispoñibilidade para viaxar e ganas de aprender.

Condicións: Contrato en prácticas como mínimo de 6 meses con posibilidade de renovación. No caso de demostrar aptitudes e coñecementos tería un complemento na nómina dun importe nunca inferior a 200 euros.

Horario de 07:00 a 15:00 horas con posibilidade de facer horas extras remuneradas.

Contacto: persoas interesadas enviar CV a gestion@nauteka.com

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR LOE. CURSO 2017-18

Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 17 ao 30 de abril de 2018 ata as 13:00h.

A solicitude poderá presentarse en calquera centro con oferta de probas libres para a obtención de títulos LOE. Impreso de solicitude

Máis información

Documento informativo no arquivo adxunto

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS 2018: CONVOCATORIA REUNIÓN GRUPAL

A primeira reunión grupal de asesoramento para a acreditación de competencias no Ciclo de Instalación e amoblamento será o xoves, 19 de abril, de 18:00 a 20:00 na Aula Técnica de Madeira/HM2 do CIFP A Xunqueira.

Lémbrase que nesta primeira reunión deberá presentar o xustificante de pago ou de exención das taxas.

O prezo da taxa de asesoramento é de 20,40 €.

Forma de pagamento:

- En entidades bancarias, mediante o Modelo A ou AI de Autoliquidación de taxas, dispoñible na Conserxería do CIFP ou descargable dende a páxina da Axencia Tributaria de Galicia

- Por internet: accedendo á Oficina Virtual Tributaria da Axencia tributaria de Galicia e seguir a ruta Cidadáns > Pago telemático de taxas e prezos > Iniciar taxa. Modelo 730 ou 731

Os códigos para cubrir o impreso poden consultarse aquí.

Exencións de pagamento:

- Persoas desempregadas no momento de iniciar a fase de asesoramento. Presentar certificado acreditativo da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

- Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%. Presentar certificado de discapacidade.

Máis información sobre as taxas.

CONVOCATORIA DO CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2018

A Consellería convoca o Concurso Eduemprende Idea 2018,  dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
 
Comprende dúas modalidades:
-A: ciclos de grao superior
-B: ciclos de grao medio

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

Premios:

a) Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Asesoramento técnico do IGAPE

c) Dotación económica (3 premios para grao medio e 3 para grao superior)

1º premio: 3000 euros, 2º premio: 2000 euros, 3º premio: 1000 euros

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 4 de maio de 2018.

Pódese ampliar a información na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-idea

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS 2018: LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non cumprir os requisitos para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2018.

Listaxes do CIFP A Xunqueira

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, do 5 de abril ao 4 de maio de 2018, ámbolos dous incluídos.

Procedemento para presentar o recurso de alzada: Débese xerar na aplicación informática de acreditación https://www.edu.xunta.es/acreditacion/ , no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> dirixido ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e posteriormente presentalo nun rexistro da Comunidade Autónoma, ou remitila por correo, segundo o establecido na normativa reguladora.

Unha vez publicadas as listaxes definitivas, serán convocados á reunión grupal de asesoramento. A data prevista para a publicación das reunións grupais: 6 de abril de 2018.

Antes de acudir á reunión grupal deberase realizar o pago das taxas e entregar ao asesor o comprobante. O prezo da taxa de asesoramento é de 20,40 €.

Forma de pagamento:

- En entidades bancarias, mediante o Modelo A ou AI de Autoliquidación de taxas, dispoñible na Conserxería do CIFP ou descargable dende a páxina da Axencia Tributaria de Galicia

- Por internet: accedendo á Oficina Virtual Tributaria da Axencia tributaria de Galicia e seguir a ruta Cidadáns > Pago telemático de taxas e prezos > Iniciar taxa. Modelo 730 ou 731

Os códigos para cubrir o impreso poden consultarse aquí.

Exencións de pagamento:

- Persoas desempregadas no momento de iniciar a fase de asesoramento. Presentar certificado acreditativo da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

- Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%. Presentar certificado de discapacidade.

Máis información

Distribuir contido