Taboleiro

BOLSAS DO MECD PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS: CICLOS MEDIOS, SUPERIORES E FP BÁSICA

Está aberto o prazo de solicitude das bolsas xerais do Ministerio de Educación para estudos postobrigarios no curso 2017-18.

Poderá solicitala o alumnado de ciclos medios, superiores e FP Básica.

Prazo de presentación: do 11 de agosto ao 3 de outubro de 2017.

A solicitude presentase mediante formulario on-line

Máis información http://www.mecd.gob.es/portada-mecd/

 

INICIO DE CURSO 2017-18

 

PRESENTACIÓN

VENRES, 15 DE SETEMBRO

10:00 h.

1º CURSO CICLOS MEDIOS

11:00 h.                

2º CURSO CICLOS MEDIOS

11:30 h.

1º e 2º CURSO FP BÁSICA

LUNS, 18 DE SETEMBRO

10:00 h.

1º CURSO CICLOS SUPERIORES

11:00 h.

2º CURSO CICLOS SUPERIORES

16:00 h.

FFP DUAL

18:00 h.

CICLOS MODULARES

DISTANCIA : DATA SEN DETERMINAR Á ESPERA DA COMUNICACIÓN DO FUNCIONAMENTO DA PLATAFORMA

 

INICIO DE CLASES

LUNS, 18 DE SETEMBRO

FP BÁSICA

FP DUAL (despois da presentación)

MARTES, 19 DE SETEMBRO

CICLOS MEDIOS E SUPERIORES, RÉXIME ORDINARIO E MODULAR PRESENCIAL

 

 

ADMISIÓN NA FP BÁSICA. CURSO 2017-18

O prazo de presentación de solicitudes de admisión nos ciclos de FP básica para o curso 2017-18 abrangue abrangue do 1 ao 12 de setembro.

Presentarase unha única solicitude de admisón no centro elixido en 1ª opción (modelo de solicitude)e adxuntarase a seguinte documentación: copia DNI ou NIE, comunicación de incorporación á formación profesional básica, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos  e certificado de discapacidade, se procede.

Requisitos de acceso á FP Básica:

  • Ser proposto/a polo equipo docente doc entro de procedencia.
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcional­mente, ter cursado o segundo curso

A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria. De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos: facer 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo e non estar en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

Calendario de admisión e matrícula

Oferta de ciclos formativos de grao básico para o curso 2017-18

Oferta de ciclos básicos no CIFP A Xunqueira

CB Electricidade e electrónica:20 prazas. 2 reserva persoas con discapacidade

CB Carpintaría e moble: 20 prazas, 2 reserva para persoas con discapacidade

Normativa de referencia

 

 

ADMISIÓN E MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS DE FP. CURSO 2017-18

O prazo de presentación de solicitudes de admisión a  ciclos estará aberto desde o 26 de xuño ao 4 de xullo, ata as 13:00 h.

Toda a información sobre admisión pode consultarse na páxina web da Consellería de Educación.

Calendario de admisión e matrícula

O calendario de matrícula para o alumnado do Centro pode consultarse no arquivo adxunto.

Oferta educativa no CIFP A Xunqueira 2017-18

 

Réxime ordinario

Réxime persoas adultas

Presencial

Distancia

Ciclos medios

Ciclos superiores

Ciclos medios

Ciclos superiores

Ciclos medios

Ciclos superiores

Electricidade e electrónica

CM Instalación de telecomunicacións

CS Mantemento electrónico.

CS Sistemas de telecomunicacións e informáticos

 

CS Sistemas de telecomunicacións e informáticos

 

 

Madeira, moble e cortiza

CM Carpintaria e moble

CM Instalación e amoblamento

CS Deseño e amoblamento

ZM Instalación e amoblamento

 

 

 

Servizos socioculturais e á comunidade

CM Atención a persoas en situación de dependencia

CS Educación infantil

CS Integración social

CS Promoción de igualdade de xénero

ZM Atención a persoas en situación de dependencia

 

ZM Atención a persoas en situación de dependencia

CS Educación infantil

Transporte e mantemento de vehículos

CM Electromecánica de vehículos automóbiles

CM Carrozaría

 

 

ZS Automoción

 

 

Lémbrase ao alumnado de ciclos de réxime modular (presencial e distancia) que cada curso deben presentar solicitude de admisión.

AVISO RÉXIME MODULAR PRESENCIAL. Neste réxime a asistencia á clase é obrigatoria, polo que a matrícula realizarase en módulos cunha compatibilidade horaria do 90%. Para poder garantir esta compatibilidade horaria, é necesario consultar o horario establecido polo Centro educativo para cada Ciclo Formativo (ver documentos adxuntos co horario de cada un dos ciclos ofertados no réxime para persoas adultas presencial)

ADMISIÓN NA UNIVERSIDADE. CURSO 2017-18

O prazo de solicitude de admisión ao Sistema Universitario de Galicia está aberto ata o 3 de xullo, ás 14:00 h.

Documentación necesaria para a admisión:

  • Fotocopia de DNI, NIE ou pasaporte (estranxeiros)

         Os/as titulados/as de FP, agás os que se presentasen á parte voluntaria da ABAU na convocatoria ordinaria de 2017:

  • Certificación expedida polo Centro das cualificacións obtidas no ciclo (solicitar na Secretaría do CIFP)
  • Acreditación de ter aboadas as taxas para a expedición do título (solicitar impreso na Secretaría do CIFP)
  • De ser o caso, documento acreditativo das cualificacións das materias da fase específica da PAU 2016

A presentación da solicitude e documentación pode facerse en calquera LERD do SUG. En Pontevedra está ubicado no Campus de A Xunqueira, edificio de Forestais.

Máis información na páxina da ciug (admisión, matrícula, titulacións do SUG, notas de corte, …) e no portal de FP (catálogo de validacións desde ciclos a estudos universitarios)

Exposición "Artesanía en madeira"

     

No CIFP A Xunqueira, durante os días 18, 19 e 20 de maio, exponse unha mostra de artesanía en madeira.

Todas as pezas foron elaboradas artesanalmente por un dos profesores do Centro, Vicente Cortizo Blanco.

A exposición pode visitarse na Biblioteca do Centro.

Ademáis este sábado estará aberta de 10:00 a 13:30 h para o público en xeral.

OFERTA DE EMPREGO: ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA NO DOMICILIO

Empresa: ATENDO CALIDADE SL

Localidade: O Grove

Descrición: persoa para atención a persoas en situación de dependencia no domicilio.

Requisitos: técnico/a en Atención a persoas en situación de dependencia ou Certicificado de profesionalidade de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.

                 Carné de conducir e vehículo propio.

Contacto: enviar CV a tsogrove@atendo.es

Indicar que se coñeceu a oferta de traballo a través da bolsa de emprego do CIFP A Xunqueira.

CHARLA EMPRENDEMENTO

OFERTA DE EMPREGO: ELECTROMECÁNICA E CARROZARÍA

Empresa: importante concesionario da zona do Salnés.

Postos:

- 1 pintor

- 1 mecánico

- 1 chapista

Requisitos:

Ciclo medio ou superior relacionado co posto a ocupar.

Valorable experiencia demostrable en posto similar.

Persoa responsable e disciplinada.

Imprescindible carné de conducir.

Valorarase residencia na zona do Salnés .

Condicións:incorporación inmediata

Contacto: seleccionconcesionario2017@gmail.com

Indicar que se coñeceu a oferta de traballo a través da bolsa de emprego do CIFP A Xunqueira

OFERTA DE EMPREGO: ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS

Empresa: Talleres Gusmarg S.L.

Localidade: Vigo

Requisitos: -Técnico/a en Electromecánica de vehículos.

- Preferiblemente xoven.

Condicións: inicialmente contrato a media xornada (mañá ou tarde)

Posibilidade de transporte gratuíto desde as zonas de Arcade e Redondela

Contacto: enviar C.V. a gusmar@adgruporegueira.es

Distribuir contido