Transporte e mto. de vehículos

OFERTA DE EMPREGO: CHAPA E PINTURA

Empresa: Talleres A Lagoa SL

Localidade: Ribadumia

Descrición: 1 posto de chapista e pintor/a de vehículos para taller.

Requisitos: CM de Carrozaría ou formación en chapa e pintura.

Condicións: xornada completa.

Contacto: persoas interesadas enviar CV a taller@talleresalagoa.es

OFERTA DE EMPREGO: MONTAXE E VERIFICACIÓN DE TACÓGRAFOS

Empresa: Neumáticos Fayfer SL

Localidade: Alba (Pontevedra)

Descrición: montaxe e verificación de tacógrafos

Requisitos: ciclo de grao medio ou superior da familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos, con coñecementos en electricidade. Manexo de máquina de diagnose.

Condicións: xornada completa de luns a venres, sábados alternos en horarios de mañá.

Incorporación inmediata, con formación previa para o desempeño do posto de traballo, a cargo da empresa en A Coruña.

Contacto: persoas interesadas enviar CV a fayfersl@ncs.es

OFERTA DE EMPREGO: PINTURA DE VEHÍCULOS

Empresa: Talleres Veiga S.L.

Localidade: Moaña

Descrición: pintor/a de vehículos para taller.

Requisitos: coñecementos ou experiencia en pintura de vehículos.

Contacto: enviar CV a talleresveiga@yahoo.es

               Tfno.: 986 31 18 86 // 986 31 17 80

OFERTA DE EMPREGO: PINTURA DE VEHÍCULOS

Empresa: Dynamic yatcht painters

Localidade: Moaña

Descrición: pintura de barcos

Requisitos: coñecementos en preparación de superficiies, materiais e proceso de pintado.

Curso PRL de nivel básico (válido o certificado de PRL de 30 horas que expide o centro por ter superado o módulo de FOL)

Condicións: Horario de luns a venres (8:00 a 13:00 e de 14:00 a 17:00). Incorporación inmediata, contrato por obra.

Contacto: interesados/as enviar CV a dynamicyachtpainters@gmail.com

Tfno.: 608324244

OFERTA DE EMPREGO: MANTEMENTO E REPARACIÓN DE VEHÍCULOS

Empresa: Valoriza Servizos Medioambientais

Descrición: realización de mantementos preventivos e reparación de avarías dos vehículos dos diferentes centros de Galicia.

Requisitos:

-Técnico/a en electromecánica de vehículos

-Carné de conducir B (valorable outros tipos de carné)

-Persoa dinámica

-Dispoñibilidade horaria

Condicións: incorporación inmediata, contrato indefinido tras pasar período de proba.

A empresa ofrece período de formación na central de flotas de Madrid e furgón-taller completo para realizar as tarefas diarias.

Contacto: interesados/as enviar CV a mserranog@sacyr.com

OFERTA DE EMPREGO: DOCENTE PARA CURSO DE SISTEMAS ELÉCTRICOS DO AUTOMÓBIL

Empresa: FORMAGAL

Lugar: Porriño

Descrición do curso:

Obxectivo: Profundizar no funcionamento dos sistemas eléctricos
Contidos teórico-prácticos:
  • Sistemas de carga e arranque de vehículos e circuitos electrotécnicos básicos:
- Electricidade, electromagnetismo electrónico aplicados ao automóbil.
- Mantemento do sistema de arranque do motor do vehículo.
- Mantemento do sistema de carga con alternador.
- Prevención de riscos laborais e medioambientais en mantemento de vehículos.
  • Circuitos electrónicos auxiliares de vehículos:
- Mantemento do sistema de luz e sinalización.
- Mantemento dos dispositivos eléctricos.
- Mantemento de redes multiplexadas.

Número de horas: 25

Requisitos: formación para impartir o curso, experiencia docente.

Contacto: enviar CV a info@formagal.com

OFERTA DE EMPREGO: CHAPA E PINTURA

Empresa: Grúas Rubio

Localidade: Caldas de Reis

Requisitos: técnico/a en Carrozaria.

Preferente da zona de Caldas e arredores.

Descrición: mantemento de ferramentas e maquinaria. Formación ou disposición para formarse no traballo con plásticos e fibras.

Condicións: horario laboral de mañá e tarde.

Contacto: enviar CV a comercial@gruasrubio.com

Indicar que se coñeceu a oferta de traballo a través da bolsa de emprego do CIFP A Xunqueira

OFERTA DE EMPREGO: TÉCNICO/A DE ENSAIOS- AUTOMOCIÓN

Empresa: QUANTUM INNOVATIVE, S.L (CIMALab)
Localidade: Nigrán

Referencia interna:  Técnico/a de ensaios (Quantum Innovative)

Descrición: bolsa de prácticas en automoción. Realización de probas metrolóxicas e de pesaxe en vehículos.

Número de bolseiros:2

Duración da bolsa: dous meses

Xornada:completa (9:00 a 14: 00 h. e de 15:00 a 18:00 h.)

Requisitos.

Título de Técnico/a Superior en Automoción.

Coñecementos de metroloxía e carrozado de vehículos.

Permiso de conducir. Dispoñibilidade para viaxar.

Valorable carné de camión.

 Obxectivos formativos:

-          Acadar coñecementos de metroloxía.

-          Prácticas no manexo de items de ensaio.

Contacto: enviar CV a administracion@cimalab.com

Indicar que se coñeceu a oferta de traballo a través da bolsa de emprego do CIFP A Xunqueira.

OFERTA DE EMPREGO: ELECTROMECÁNICA E CARROZARÍA

Empresa: importante concesionario da zona do Salnés.

Postos:

- 1 pintor

- 1 mecánico

- 1 chapista

Requisitos:

Ciclo medio ou superior relacionado co posto a ocupar.

Valorable experiencia demostrable en posto similar.

Persoa responsable e disciplinada.

Imprescindible carné de conducir.

Valorarase residencia na zona do Salnés .

Condicións:incorporación inmediata

Contacto: seleccionconcesionario2017@gmail.com

Indicar que se coñeceu a oferta de traballo a través da bolsa de emprego do CIFP A Xunqueira

OFERTA DE EMPREGO: ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS

Empresa: Talleres Gusmarg S.L.

Localidade: Vigo

Requisitos: -Técnico/a en Electromecánica de vehículos.

- Preferiblemente xoven.

Condicións: inicialmente contrato a media xornada (mañá ou tarde)

Posibilidade de transporte gratuíto desde as zonas de Arcade e Redondela

Contacto: enviar C.V. a gusmar@adgruporegueira.es

Distribuir contido