Servizos socioculturais e a comunidade

II EDICIÓN DI _ CAPACITOD@S

O venres pasado celebrouse a segunda edición de ·"Di_Capacitod@s" , unha xornada de encontro e achegamento entre profesionais, estudantado e persoas en situación de dependencia, organizado polo departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade do CIFP A Xunqueira, e coa colaboración do Concello de Pontevedra.
O que se pretende neste espazo é o intercambio de información e impresións, de aspectos formativos e valoracións persoais, para entender e atender á diversidade funcional das persoas sexa cal sexa a súa situación.
Este ano a xornada centrouse na perspectiva psicosocial, de como a metodoloxía e o aspecto relacional pode beneficiar a vida cotiá das persoas en situación de dependencia.
Ao longo da mañá o público, maiormente estudantado de Formación Profesional do Ciclo Atención a Persoas en Situación de Dependencia deste centro e doutros nos que se imparte o mesmo ciclo, asistiu a ponencias diversas arredor deste aspecto.

MESA REDONDA: METODOLOXÍA DA PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA NO ÁMBITO INSTITUCIONAL E ASOCIATIVA

 XOÁN XXIII, AMENCER, APACAF, ALBA, CRUZ VERMELLA, TESTEMUÑOS -Persoas en situación de dependencia aportan súa valoración ao respecto do apoio psicosocial.

PANEL: TERAPIAS E ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

 BANDA DESEÑADA E DIVERSIDADE , Kiko da Silva. O PODER TERAPEÚTICO DA MÚSICA. Asociación Galega de Musicoterapia "AGAMUS". PILATES E MELLORA EN PACENTES CON PARKINSON. Irimia Mollinedo. U.Vigo, campus Pontevedra

O PO

DÍA DO CANCRO DE MAMA

 Os alumnos e alumnas de 1 de Integración Social solidarizanse co día de cancro de Mama e fan un lazo rosa xuntos coas suas mans que enchen de mensaxes de apio as persoas que sofren esta enfermidade.