PROBAS DE ACCESO A CICLOS: NOVAS DATAS

Probas de acceso a grao medio: 10 de Xuño.

Probas de acceso a grao superior: 11 de Xuño.

A Consellería de Educacióna actualiza o calendario para a realización das probas de acceso a ciclos. Consultar aquí.

Probas de acceso a grao medio: 10 de xuño

-Ás 9.00 horas: presentación.

-Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.

-Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

Probas  de acceso a grao superior: 11 de xuño.

-Ás 9.00 horas: presentación.

-Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá).

-Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo a que se desexe acceder, segundo o anexo VII da orde da convocatoria).

Listaxes definitivas de persoas admitidas e exencións.

Centros-sede onde se realizarán as probas de acceso.

Instrucións para a realización das probas.

Para a realización das probas, as persoas inscritas deberán presentar o seu DNI e a copia da folla da solicitude de inscrición.

Durante a realización das probas respectaranse todas as medidas de prevención e hixiene recollidas no protocolo do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a realización da avaliación do Bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2020, así como o establecido na Resolución, do 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Máis información