INFORMACIÓN AO ALUMNADO E FAMILIAS COVID 19

Estimado alumnado e familias.

 

A Consellería de Educación comunicou novas instrucións en relación co COVID-19. A RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, polo que se declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e se activa o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

Por todo establécese a titorización e atención ao alumnado polos medios non presenciais, telemáticos, telefónicos ou doutra índole dos que dispón o centro e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc) xa que os labores indicados no punto 3 "instrucións respecto da atención do alumnado" poden realizarse sen menoscabo da súa calidade desde casa.

O CIFP A Xunqueira recomenda a utilización de Abalar como medio de comunicación preferente do profesorado co alumnado e familias (pregamoslle ao alumnado/familias que o descarguen se non o teñen feito (https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/)

As tarefas colgaranse na aula virtual, no caso do alumnado que xa teña cursos ahí creados, na web do CIFP e/ou por calquera dos medios telemáticos que o profesorado teña establecido a tal efecto. Na web do CIFP poderán consultarse no espazo "alumnado"

Lembramos a obriga do profesorado de comunicarse co alumnado ou/e as familias para o desenvolvemento de tarefas non avaliables.

Para calquera consulta (alumnado/familias) poden contactarnos en: cifp.xunqueira@edu.xunta.es

Este é o enlace ás novas instrucións:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

 

Grazas e saúdos.