Adaptacións Programacións didácticas COVID 19

Como consecuencia da pandemia Covid19 cómpre adaptar as programacións didácticas para rematar o curso 19-20.

As adaptacións están desde hoxe publicadas na web do Centro para a consulta polo alumnado e/ou as familias na web, na pestana de alumnado en "programacións e adaptación de programacións Covid19"

Calquera consulta ou aclaración, por favor, facela chegar ao Centro a través das titorías.