ABAU 2020

Prazo de matrícula anticipada: do 1 ao 17 de Xuño.

O alumnado que desexe presentarse á parte voluntaria da ABAU para subir nota poderá matricularse do 1 ao 17 de Xuño.

A matrícula na ABAU farase preferentemente a través da aplicación NERTA. Para facelo, é necesario que o alumnado informe ao Centro a efectos de traspasar o seu expediente académico desde o XADE.

No ficheiro adxunto inclúense instrucións para facer a matrícula.

Na páxina da CIUG poden consultarse as instruccións para facer a matrícula e toda a información sobre a convocatoria da ABAU 2020: datas, horario, modelo de exames, método de cualificación,....