Esquema de temas

  • INTRODUCCIÓN O PROXECTO DO CAMPANEIRO ON LINE

    Este proxecto presentouse na modalidade B de proxectos de innovación educativa e foi premiado na resolución do 22 de maio de 2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional, convocados na resolución do 04 de decembro de 2017.

    Neste proxecto participaron aparte do CIFP PORTA DA AUGA ó IES XOAN MONTES  de Lugo e o IES AS MARIÑAS  de Betanzos. O profesorado participante en total no proxecto fomos os seguintes:

    •  CIFP PORTA DA AUGA: Julio López Lombardero e Benito Fernández Rey.
    • IES XOAN MONTES: Gerardo Baamonde Mulet.
    • IES AS MARIÑAS: Antonio ANca Pena.

    Para a realización do proxecto  contamos coa colaboración das Empresas: SIEMENS  e DIGAMEL que nos asesoraron na programación e utilización dos materiais empregados no proxecto.

    Asimesmo contamos coa colaboración do Obispado de Mondoñedo-Ferrol facilitándonos o poder experimentar no campanario de Santa Eulalia da Devesa, campanario no que nos baseamos para construir a maqueta obxectivo do proxecto.

    • TEMA 1: DESEÑO E CONSTRUCCIÓN DA MAQUETA DO CAMPANARIO

      Deseñouse unha maqueta de dúas campás. Para acccionar as campás empreganse dous electromazos os cales son alimentados a tensión de 220V de corrente continua.

      A campás estan feitas de forma cilíndrica sen base inferior en aceiro inoxidabel.

      A base empregamos unha plancha de perfileria para montaxe de automatismos e a estructura sobre a que se colocaron as campás e de aceiro inoxidabel de cuadradillo de 30x30.

      • TEMA 2: REALIZACIÓN DOS PLANOS DO CADRO DO AUTOMATISMO DO CAMPANARIO

        Realización dos esquemas do cadro do automatismo que gobernará o campanario.

        O cadro leva básicamente 3 circuitos:

        • Un circuito para alimentar o electromazo da campà grande.
        • Un segundo circuito para alimentar o electromazo da campá pequena.
        • Un circuito de mando que alimenta os contactores, a fonte de alimentación, o módulo programable LOGO e o módulo de comunicacións CMR2020.

        O cadro ten protección contra sobretensións por medio dun dispositivo e protección común magnetotérmica ademáis de  protección diferencial.

        Relación de esquemas que se adxuntan:

        • Plano nº1: esquema unifilar do cadro.
        • Plano nº2: esquema de mando.
        • Plano nº3: Esquema completo do cadro do automatismo.
        • Plano nº4: Detalle de colocación dos elementos no cadro

      • TEMA 3: MONTAXE DO CADRO DO CAMPANARIO

        Realización da montaxe nun cadro axeitado dos mecanismos segun os esquemas realizados.

        Lista de materiais empregados e colocados no cadro:

        • 1 magnetotérmico de 1P+N de 20 Amperios, 6KA, curva C, como interruptor xeral do cadro.
        • 1 Interruptor diferencial de 2P, 40 Amperios, 30 miliamperios, curva AC.
        • 2 magnetotérmicos de 1P+N de 16 Amperios, 6KA, curva C.
        • 1 protector de sobretensións transitorias 15KA, 8/20 μs.
        • 3 Bases portafusibles con fusibles de 10x38.
        • 3 Fusibles de 10x38mm calibres de 1 e 2 de 2 Amperios.
        • 1 fuente de alimentación LOGO Power 24V 2,5 Amperios.
        • 1 LOGO alimentación 24V DC.
        • 1 módulo de comunicación CMR2020.
        • 2 contactores de 24V 25 Amperios.
        • 21 bornas de conexión para carril de 4mm2.
        • 3 pilotos de señalización 24V DC varios colores.
        • 6 pulsadores para electrónica 1 A 250V.
        • 1 cuadro para o automatismo de capacidade suficiente.

        Para ver máis fotos do cadro:

      • TEMA 4: PROGRAMACIÓN DO MÓDULO LOGO DE SIEMENS

        Nesta fase realizase a programación do módulo programable LOGO  de SIEMENS. O programa usado é o LOGOSOFT V8.2

      • TEMA 5: MANEXO DAS CAMPÁS DENDE UN TELÉFONO MÓBIL POR MEDIO DE SMS

        Nesta fase tratouse o goberno dos toques de defunto do campanario mediante o envio de SMS ó dispositivo CMR2020.

        O toque de defuntos pódese facer accionando dende un teléfono móbil por rede GSM enviando un mensaxe de texto (SMS) ó automatismo, de xeito que se realizan os toques de defuntos para home ou muller segundo sexa o mensaxe envíado ó controlador . Desta maneira o automatismo funcionará tal e como se expón a continuación:

        • O enviar un SMS ó CMR2020Tocahome” o automatismo realiza o toque de defuntos de home no horario previsto e do mesmo xeito que se lle houbese tocado dende a porta do cadro.

        • O enviar un SMS ó CMR2020 “Parahome” o automatismo anula toque de defuntos de home.

        • O enviar un SMS ó CMR2020 “Tocamuller” o automatismo realiza o toque de defuntos de muller no horario previsto e do mesmo xeito que se lle houbese tocado dende a porta do cadro.

        • O enviar un SMS ó CMR2020 “Paramuller” o automatismo anula toque de defuntos de muller.

      • TEMA 5: MANEXO DAS CAMPÁS DENDE UN TELÉFONO MÓBIL MEDIANTE APP

        Neste tema explicaremos como podemos manexar o LOGO dende unha aplicación creada para tal efecto simulando un pequeno panel de mando con pulsadores mediante os cales podemos tocar as campás do campanario.

        Para conquerir isto empregamos o programa LWE de SIEMENS (Logo Web Editor), que é gratuito e se pode descargar dende a web de SIEMENS aquí:

        https://w3.siemens.com/mcms/programmable-logic-controller/en/logic-module-logo/demo-software/Pages/Default.aspx#Tools

      • ANEXO: VIDEOS DE FUNCIONAMENTO

        Video no que se ve o campanario dando as doce do mediodía:

        Video no que se ve o toque de procesión:

        Video no que vemos o toque das medias horas:

        • ANEXO 3: Videos manexando o campanario dende a aplicación para un télefono móbil

          Neste video podemos ver como se toca acontecemento (procesión) dende a aplicación creada para manexar o campanario dende o teléfono móbil:

          Tocando a defunto home según o requerimento inicial:

          Toque de entrada a misa e de acontecemento (procesión):