Noticias do sitio

ANUNCIO: Parada do servizo

por Manuel Ramón Tojo Fernández -

Coa finalidade de realizar tarefas de mantemento e mellora, o próximo sábado día 20 de abril desde as 8:00 horas e por un tempo estimado de 4 horas, esta Aula Virtual permanecerá fóra de liña

Os equipos da Xerencia de Proxectos de Educación e da Área de Infraestruturas e Telecomunicacións da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) son conscientes de que este corte xerará trastornos polo que agradecen de antemán a súa comprensión e colaboración.