O CIFP VPA colabora na contratabilidade de todas as persoas.
Os conselleiros de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinaron hoxe no Centro Integrado de FP Valentín Paz Andrade de Vigo un acordo para a coordinación das accións formativas (cursos AFD) para persoas desempregadas que se imparten en centros de FP.
Aproveitando esta visita, os responsables de ambas Consellerías visitaron as instalacións do CIFP, e observaron a capacidade e potencial do Centro para atender mellor a demanda de profesionais polas empresas dos sectores relacionados con estas familias profesionais.








