FP Básica en GaliciaSkills
Os alumnos de 1º curso de FPB de Mantemento de vehículos do CIFP VPA:
Nico Canosa Gayoso
Pedro Lagares Costas
Xoel Piñeiro Pérez
Nahim Dopazo Pato
realizaron traballos en equipo asumindo os deberes e cooperando con tolerancia e respecto, para a realización eficaz das seguintes tarefas:
- Fabricar unha peza seguindo un plano, no que teña que medir, trazar, cortar, tradear, roscar e realizar operacións de soldadura, seleccionando as ferramentas, os equipamentos e os utensilios axeitados ao proceso.
- Desmontar, montar, substituír e axustar elementos amovibles externos do vehículo.
- Substituir e axustar un par de elementos do sistema de alumeamento. Comprobar quentadores.
- Executar un mantemento básico do sistema de freos e substituír un pneumático xunto co equilibrado correspondente.
Grazas por representar ao centro!
Parabéns polo traballo realizado! Igualmente grazas aos profesores titores Carlos e Jaime.
Nas seguintes fotografías vemos aos catro alumnos acompañados polos seus titores, despois co Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e co Secretario Xeral de Eduación e Formación Profesional, recibindo o terceiro posto na Competición a nivel de Galicia.
Acompañados polo resto de participantes.
Máis abaixo vemos a Nico e Pedro, e despois a Nahim e Xoel. Nas últimas fotos saen competindo e descansando con algúns dos compañeiros participantes doutros centros de Galicia.







