Participación nas Spainskills 2022
Gabriel Besada Bernárdez, alumno de 2º do CM Carpintaría e moble, está participando esta semana en Madrid nas Spainskills de carpintaría xunto co seu titor Avelino Figueroa.
Gabriel é o campión de GaliciaSkills 2021, demostrando que cando na túa profesión vas facer o que che gusta, non hai fronteiras.
Vemos na imaxe ao seu instrutor e titor Avelino, con Gabriel, onde nas seguintes fotos este último está concentrado no dominio das posibilidades da madeira.


