Profesorado: Instrucións para a creación dun curso na AV

Se es profesor ou profesora do CIFP Valentín Paz Andrade, para poder xestionar un curso dun módulo que impartas, se aínda non a tes, debes crear previamente unha conta no bloque de Crear unha nova conta. Despois debes solicitar a apertura dun curso para un determinado módulo que pretendas xestionar (a través da web do centro, e tal como se indica tamén máis abaixo).

Para utilizar o curso como apoio virtual nas clases de ciclos presenciais, debes garantir que todo o alumnado está inscrito e que pode manter a interactividade necesaria no curso para que inicialmente a utilización da aula virtual poida resultar beneficiosa por igual entre o alumnado.
Importante: Para completar o rexistro, débese empregar un correo @edu.xunta.gal válido.
Recomendación: Como nome de usuario, recomendamos empregar os mesmos datos que na conta corporativa da Xunta. (xxxxx@edu.xunta.gal). O contrasinal a escoller non debe ser a do propio acceso ao correo.
Todo o profesorado deberá estar inscrito no curso de XESTIÓN da ACTIVIDADE do PROFESORADO>>>Información e recursos 2023-24.
_________________________________________________________________________________________________________________________________________________

PARA CREAR O/S CURSOS DOS MÓDULOS QUE IMPARTES: (dúas opcións)

  • O xefe ou xefa do teu departamento pódeche crear cada curso na categoría do módulo (dentro do ciclo correspondente) 
    • Porá como título do curso: o "Nome correcto e completo do módulo" (minúsculas) engadindo "_XXX" (siglas dos apelidos e nome do profesor/a). Ex: "Representación gráfica_GPJM"
    • Coma nome abreviado poranse as primeiras letras significativas das palabras do módulo. Ex: "REP GRÁF"
    • Matriculará ao profesor/a como Teacher (Bloque Administración do curso >> Usuarios >> usuarios matriculados) e ocultará a posibilidade de acceso a invitado >> métodos de matriculación (isto poderá varialo despois cada profesor/a).

ou

  • Escribe un correo ao administrador da aula virtual. Solicita directamente ao correo do centro vicedireccion.cifp.paz.andrade@edu.xunta.gal o curso, co asunto "Crear curso na AV" e indicando:
      • nome do profesor/a (ten que ter conta na Aula virtual)
      • nome do módulo (do curso a crear)
      • nome do ciclo do módulo. Indicando se é en réxime ordinario, modular ou modular dual.
    • Pódes facer esta solicitude a través do formulario da web (zona profesorado).

CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES:

>> Se xa tiñas un curso do mesmo módulo, o curso pasado (ou anterior), podes borrar o alumnado matriculado (e os contidos/actividades que consideres) e reutilizalo. Tamén podes cambiar o nome e outros aspectos en configuración.

>> Se xa tiñas outro/s cursos: bórraos, ocultaos (quedarán visibles para ti), ou solicita desprazalos fora dos módulos activos da categoría do ciclo (para este 22-23). Isto mellorará a estética e facilidade de acceso do alumnado ao curso actual que busque.

>> Se vas impartir un módulo por primeira vez, podes informarte co profesorado do curso anterior se podes utilizar o mesmo curso, contidos, etc. Neste caso el/ela mesmo/a pode poñerche como profesor/a administrador/a do curso, ou comunicas estes aspectos cando solicites que se che poña como profesor nun curso anteriormente utilizado por un compañeiro/a.

>> Tamén se poden restaurar cursos completos, parte de contidos, aproveitar os dispoñibles (de distancia) de edu.xunta.gal, compartir entre profesorado, etc. Se non satisfaces algunha destas posibles necesidades, pregúntalle á posible persoa de referencia do teu departamento profesional ou ao Dpto de calidade.

MATRICULAR ALUMNADO:

Igual que para outros aspectos indicados, podes atopar axuda eficaz nos manuais ou videotitorias accesibles nesta AV (na zona de profesorado: formación e recursos dixitais). 

Básicamente podes buscar os alumnos/as en "matricular alumnos" e forzar a matrícula, ou habilitar a "automatriculación" facendo visible esta opción e poñendo unha chave de acceso que haberá que subministrarlla ao alumnado correspondente. Verificarase despois que todo o grupo esté presente como alumno/a do curso da AV.

As titorías verificarán que todos os módulos do grupo teñen un curso aberto na AV e todo o alumnado do grupo está activo neles.

____________________________________________________________________________________________________________________________________________

Unha vez creado o curso. Entre outras preferencias, podemos escoller o editor de textos A miña área persoal (arriba dereita)> preferencias>preferencias do editor.

  • Atto: ben por defecto para esta versión da AV 3.9 (preparado para mellorar a acesibilidade de persoas e compatible con webs (cores, etc)
  • TinyMCE: máis antigo, con máis posiblidades de edición (estéticas), pero con posibles conflitos entre webs, etc (cores, tamaños e tipos de letra, etc)
Última modificación: Domingo, 3 de Setembro de 2023, 19:33