COVID. Máis información.

Con sentidiño, por ti, e polos demais.

No CIFP Valentín Paz Andrade informaremos das medidas específicas a cumprir nas distintas situacións que se poden producir no desempeño da túa formación profesional.

Ademais de usar máscara SEMPRE, de circular por onde se indica, hixeneizarte axeitadamente e manter a interactividade cos demáis a unha distancia de 1,2 m:

      • Teremos que ocupar sempre o mesmo lugar na aula e nos distintos espazos onde estemos.
      • Non compartiremos material, non sendo no taller cando sexa imprescindible e previa desinfección.
      • Entraremos en talleres e aulas de un en un e gardando a distancia de seguridade.
      • En talleres debemos cumprir coas normas específicas que nos comuniquen os profesores.

MEDIDAS COVID NO CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE.

Plan de adaptación.

Plan de Continxencia.

Previsión de actuacións en caso de gromos, de actividade lectiva non presencial, e sobre a volta a volta a actividade lectiva presencial.

 

Aquí podemos consultar as medidas xerais que se deben seguir para reducir ao máximo as posibilidades de contaxio en todos os Centros.

Protocolos para os centros:

  

   

Last modified: Thursday, 30 September 2021, 5:49 PM