Contidos básicos: Análise da estrutura organizativa do sector sanitario. Identificación da documentación do laboratorio. Identificación de mostras biolóxicas. Realización, segundo o protocolo da unidade, da recollida e distribución de mostras biolóxicas habituais. Recollida e distribución de mostras obtidas mediante procedementos invasivos ou cirúrxicos, segundo protocolo da unidade. Selección de técnicas de conservación, almacenaxe, transporte e envío de mostras. Aplicación de protocolos de seguridade e prevención de riscos na manipulación de produtos químicos e biolóxicos.
Contidos básicos: Clasificación de materiais, equipamentos básicos e reactivos. Aplicación de protocolos de seguridade e prevención de riscos no laboratorio. Realización de disolucións e dilucións. Aplicación de procedementos de separación de substancias. Realización da valoración técnica da coherencia e a fiabilidade dos resultados. Realización de técnicas de microscopía e dixitalización de imaxes. Aplicación de sistemas de xestión da calidade no laboratorio.
Contidos básicos: Caracterización dos procesos que se realizan nos laboratorios de citoxenética e bioloxía molecular. Realización de cultivos celulares. Aplicación de técnicas de análise cromosómica. Aplicación de técnicas de extracción de ácidos nucleicos. Aplicación de técnicas de PCR e electroforese ao estudo dos ácidos nucleicos. Aplicación de técnicas de hibridación con sonda. Determinación de métodos de clonación e secuenciación do ADN.
Contidos básicos: Recoñecemento da estrutura e organización xeral do organismo humano. Identificación do proceso de desenvolvemento da doenza. Recoñecemento dos trastornos do sistema inmunitario. Identificación das características das doenzas infecciosas. Identificación do proceso de desenvolvemento tumoral. Recoñecemento das manifestacións de doenzas dos grandes sistemas do organismo. Recoñecemento de trastornos hemodinámicos e vasculares. Recoñecemento dos trastornos endócrino-metabólicos e da alimentación.
Contidos básicos: Realización do proceso de preparación da autopsia. Realización do procedemento de autopsia. Identificación macroscópica anatómica do patrón de normalidade. Identificación macroscópica anatómica do patrón de anormalidade. Extracción de tecidos, próteses, marcapasos e outros dispositivos do cadáver.
Contidos básicos: Realización do procesamento da mostra. Realización de bloques de tecidos. Aplicación de técnicas de corte. Aplicación de técnicas de tinguidura. Aplicación de técnicas histoquímicas e encimohistoquímicas. Aplicación de técnicas inmunohistoquímicas. Procesamento de mostras celulares.
Contidos básicos: Recoñecemento das características morfolóxicas e funcionais do aparello xenital feminino. Identificación dos datos clínicos da solicitude do estudo citolóxico. Análise de citoloxías xinecolóxicas. Análise de extensións cérvico-vaxinais en patoloxía benigna non tumoral. Análise de extensións cérvico-vaxinais en procesos neoplásicos. Análise de imaxes de citoloxías da mama. Análise de mostras citolóxicas de vulva, endometrio, trompas e ovario.
Contidos básicos: Análise de imaxes citolóxicas do aparello respiratorio. Análise de imaxes citolóxicas de ganglios linfáticos, bazo, timo, pel, tecidos brandos e óso. Análise de imaxes citolóxicas de tiroide, paratiroide, próstata e testículo. Análise de imaxes citolóxicas do aparello dixestivo. Análise de imaxes citolóxicas de líquidos orgánicos, sistema nervioso e globo ocular.
Módulo profesional: Formación en centros de traballo. Código: MP1386. Duración: 384 horas.
Este módulo profesional contribúe a completar as competencias do título de técnico superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico, e os obxectivos xerais do ciclo, tanto os que se alcanzarán no centro educativo como os de difícil consecución nel.