Curso 2019 - 2020

Actividades 2019 2020

VII Campionato de Sumillería Suso Domínguez

Esta semana tivo lugar a VII edición do Campionato de Sumillería Suso Domínguez organizado polo CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, e que co nome de "Sumillería en feminino" adicou un guiño ao papel da muller na sala, e na sumillería en particular. A nosa muller é Esther Vicente Alonso, alumna de segundo curso do ciclo medio de Servizos en restauración, que xunto a outras 15 estudantes procedentes de diferentes escolas de Galicia, Asturias, Castela e León, Malta e Finlandia, tivo a oportunidade de realizar as diferentes probas de coñecemento sobre os viños espumosos galegos e portuguese, de identificación de aromas e de cata comentada, e de levarse na mochila a experiencia de vivir este fabuloso campionato. 

Estamos moi orgullosos da túa participación e esperamos que o paso por esta experiencia na sumillería sexa o inicio dunha longa andadura profesional!

 

Visita a establecementos de panadaría e pastalaría

O ciclo medio de Panadaría, repostaría e confeitaría realizou unha visita a diferentes establecementos en Santiago de Compostela. Entre eles, a visita a WonderPie, unha pastalaría vegana rexentada dende fai 3 anos por Sol Mariana Aimone García, antiga alumna do noso centro. Achegámonos tamén a coñecer Bulanxerí, unha das tres panadarías desta cidade que conta coa distinción da Miga de Ouro da ruta do Bo Pan. Acabamos a xornada coa visita aos establecementos da cociñeira Lucía Freitas, A Tafona, quen ven de recibir unha estrela Michelín, e Lume, que aposta por un novo concepto de negocio máis transgresor na línea da street food. Unha proveitosa xornada para coñecer in situ, os doces e os pans do mercado actual galego!!

 

 

Protocolo no Círculo de Empresarios de Vigo

No mes de febreiro, o alumnado de segundo curso dos ciclos de Guía, información e asistencia turística e de Axencias de viaxe e xestión de eventos, visitou as instalacións do Círculo de Empresarios de Vigo para coñecer o funcionamento do seu Departamento de eventos e protocolo. Esta asociación, que defende os intereses das mulleres e homes de empresa de Vigo, desenvolve na súa actividade cotiá numerosas actividades, charlas, coloquios, comidas de traballo... todas elas organízadas baixo un procedemento específico. Agradecemos ao Círculo de Empresarios o noso recibimento, especialmente a Ana Ripoll pola calidade das súas explicacións e a compañía durante a xornada tan interesante para a formación do noso alumnado de turismo.

Máis fotos na nosa galería

III Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais Ponteareas

Coma nas anteriores edicións, este ano participamos na III Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas que se celebrou, no Pavillón Álvaro Pino de Ponteareas, os días 4 e 5 deste mes de Febreiro.

Esta feira consolídase coma unha oportunidade para coñecer as inmensas alternativas de estud que a formación profesional e artística ofrece.

O alumnado participante nesta actividade foi o da FP básica de Tapizaría e Cortinaxe e FP básica de Cociña e Restauración, que desenvolveron diferentes talleres, obradoiros e demotracións dos traballos e aprendizaxes relacionadas coas súas ensinanzas.

Parabéns ao alumnado participante, e ao seu profesorado, polo traballo que entre todos desenvolvestes con moita profesionalidade!

Fashion Week Madrid. Viaxe Téxtil

Este mes de febreiro o alumnado do ciclo superior de Patronaxe e Moda realizou unha viaxe formativa a Madrid. Visitaron e aprenderon, na afamada Sastrería Serna, o proceso completo na confección das prendas. Toma de medidas, realización de patróns en tela, cortado e montaxe da prenda, planchado, acabamentos... Tamén observaron as impresionantes pezas do Museo del Traje e a tradicional mercería Pontejos. E no Ifema tivo lugar o o MOMAD, Salón Internacional de Moda, Calzado y Accesorios, onde presentaron as súas colecccións máis de 800 marcas, nacionais e internacionais, e viron a pasarela da asociación de moda sostible de España. Alba Conde, Olga Santoni, Viriato, Marga Novas, Chokolat, Montoto, Mouriño, Amapolas Jumba, Belty, Hortensia... Unhas impresionante coleccións e desfiles na Sustainable FashionWeek Madrid! Esperamos repetir a próxima edición!!

 

 

 

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo   

 

 

Distribuir contido