Curso 2018-2019

Actividades do curso 2018-2019

Simulacro de incidente con múltiples vítimas. Curso AFD

No curso AFD "Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes" que se está a impartir no noso centro, realizouse o pasado venres 5 de abril un simulacro de incidente con múltiples vítimas. Unha “catástrofe” que ocorreu na biblioteca do CIFP Manuel Antonio onde parte do teito derribouse deixando estudantes feridos e atrapados. Nesta actividade simulada o alumnado puido poñer en práctica as habilidades e aprendizaxes do curso.

Exposición Traballos CM Confección e Moda.

O hall do noso centro luce cunha exposición dalgúns dos fantásticos traballos confeccionados polo alumnado dos réximes ordina

Taller de sensibilización sobre hixiene bucodental no Ceip Balaídos.

As alumnas da 2ª promoción do Ciclo Superior de Hixiene Bucodental ofreceron aos mais pequeniños do Ceip Balaídos, un taller de sensibilización sobre o coidado dental e a importancia do cepillado bucal. Para esta xornada deseñaron diverso material didáctico e realizaron actividades para conciencialos sobre a técnica correcta de cepillado e os hábitos alimenticios adecuados para ter unha dentadura saudable.

Seminario de Cava 2019

Os pasados 15 e 16 de xaneiro, o profesor de servizos e formador de cava do noso centro, Manuel Mazás Lamelas, levou a cabo un Seminario de Cava co alumnado de segundo curso dos ciclos medio de Servizos de restauración e superior de Dirección de Servizos. Durante dous días tiveron a oportunidade de coñecer distintos tipos de cava, as súas propiedades e procedencia, o proceso de elaboración, e tamén de realizar unha cata e maridaxe de distintos tipos de cava.

Visita guiada caracterizada. Aguias de Vigo

 O pasado xoves 29 de novembro o alumnado do CS de Guía, información e asistencia turística e do CS de Axencias de Viaxe, realizaron unha fantástica viaxe ao Vigo do século XIX.

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo   

 

 

Distribuir contido