O Consello Social dos centros integrados de formación profesional é o organo de participación que impulsa a colaboración entre a sociedade e o centro mediante a determinación das necesidades do seu contorno, coa finalidade de contribuir eficazmente ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico e cultural.
Membros do consello social:
- Presidente (Director/a do Centro)
- Xefe/a de estudos do CIFP.
- Tres representantes da Administración.
- Tres profesores do claustro do Centro.
- Dous membros designados polas organizacións sindicais galegas.
- Dous membros designados polas organizacións empresariais galegas.
- Secretario do Centro.