Coordinación de Programas internacionais

APERTURA DO PROCESO DE INSCRICIÓN PARA BOLSAS ERASMUS + E CONVOCATORIA DE CHARLAS INFORMATIVAS

Dende o mércores 14 de outubro e ata o mércores 28 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para os estudantes que desexen obter unha bolsa de mobilidade Erasmus +, ben para facer a FCT no estranxeiro ou para facer prácticas nalgún dos países asociados unha vez rematen o Ciclo.

Todo o alumnado de Ciclo Medio ou Superior que o desexe debe inscribirse nas datas indicadas a través do curso ERASMUS 20/21 da Aula Virtual do CIFP. Para inscribirse deberán entregar os seguintes documentos a través da tarefa “Inscrición de alumnado ERASMUS 20/21”:

  • folla de inscrición debidamente cuberta
  • fotocopia do DNI
  • certificados oficiais de idiomas, en caso de que telos.

Para aquel alumnado interesado, faranse dúas charlas informativas por parte da coordinadora de Programas Internacionais nas seguintes datas:

  • Ciclo Superior (CS/ZS): Martes 20 de outubro de 15.00 a 15.50 na sala museo da biblioteca (3º andar).
  • Ciclo Medio (CM/ZM): Mércores 21 de outubro de 15.00 a 15.50 na sala museo da biblioteca (3º andar).

A continuación achéganse as bases do proceso de selección, tamén dispoñibles na Aula Virtual do CIFP.

Visita Grupo HILTON Hotels & Resorts

O pasado 19 de novembro, representantes do grupo Hilton Hotels & Resorts visitaron o noso centro para invitar ao alumnado de Dirección de cociña, Dirección de Servizos e Xestión de Aloxamentos Turísticos, a recibilos no seu período de prácticas de FCT, ou para unha vez rematados os seus estudos.

Alumnado de Axencias de viaxe e xestión de eventos, e de Guías, información e asistencia turísticas, aproveitaron a xornada para por en práctica algunhas das súas aprendizaxes. Entre elas, na maxestuosa Biblioteca do noso centro, o mismísimo Manuel Antonio recibía ás representantes do grupo empresarial para gozar dunha visita teatralizada sobre a súa traxectoria persoal e profesional, con referencia a outras persoas ilustres galegas. Xa pola tarde, o alumnado de Guías realizou un guiado panorámico pola cidade de Vigo, explicando algúns dos espazos turísticos máis emblemáticos da nosa cidade. E... yes! Todo, todiño, in english!!....


Como fin da xornada, un agasallo fotográfico das experiencias e actividades desenvolvidas en agradecemento a Zorica Dutch e Ivana Kuzman, responsable de RRHH e supervisora de Formación e Desarrollo Profesional respectivamente do Grupo Hilton e tmán á profesora de turismo do CIFP Carlos Oroza,Tina Otero, que nos acompañou durante toda a xornada.


Parabéns ao profesorado e a cada unha das alumnas e alumnos dos ciclos de Axencias de viaxe e de Guías que participastes na organización previa e no desenvolvemento desta longa xornada... O voso centro felicítavos polo resultado do voso esforzo e compromiso incondicional!!

Pica aquí para acceder a fotos e vídeo das actividades.

 

 

Experiencia da mobilidade Erasmus+ de profesorado en Finlandia

Entre o 8 e o 12 de abril a profesora de Inglés María J. Tenorio del Río realizou unha estancia Erasmus + en VARIA, un centro de formación profesional na cidade de Vantaa, en Finlandia. Alí estivo en contacto coas profesoras do departamento de turismo e de idiomas, visitou as instalacións de dous dos seus campus, asistiu a clase e impartiu unha sesión sobre cultura española.

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo   

 

 

Distribuir contido