EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

LETRAS GALEGAS 2020

Ante a imposibilidade de celebrar o 17 de maio o Día das Letras Galegas con actividades de divulgación da figura de Ricardo Carvalho Calero de maneira presencial no noso centro, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos contribuír ao coñecemento do homenaxeado  e para iso elaboramos unha presentación que poderedes ver picando na imaxe ou na seguinte ligazón: https://prezi.com/pzjwotfyylpm/?utm_campaign=share&utm_medium=copy

Como xa saberedes, dada a situación excepcional que estamos a vivir, a Real Academia Galega elixiu o día 31 de outubro, xusto o día despois da conmemoración do 110 aniversario do nacemento do intelectual ferrolán, para festexar as Letras Galegas.

Aproveitamos para comunicarvos que as actividades previstas no centro para esta seman co gallo do Día das Letras Galegas se adían, xa que logo, para o mes de outubro. Entre elas, o espectáculo sobre Carvalho Calero “Anxo de Terra” de Serafín Marcos queda para o día 29 de outubro. Esperemos que daquela si se poida levar a cabo.

Prezi EDLG Letras Galegas 2020

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o alumnado da FP Básica participaron nun proxecto transfronteirizo sobre a lingua, o patrimonio e o coñecemento tradicional.

No presente curso o alumnado da FP Básica de Cociña e restauración e da FP Básica de Tapizaría e cortinaxe do CIFP Manuel Antonio participou no Plan Proxecta: Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional a través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e coa colaboración do profesorado do departamento de idiomas que imparte docencia nestes ciclos.

Presentación

            

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DE PREMIOS A PROXECTOS REDACTADOS E DEFENDIDOS EN GALEGO

O Equipo de Dinamización de Lingua Galega do CIFP Manuel Antonio resolveu conceder os premios a proxectos redactados e defendidos en galego no curso 2016/2017 ao seguinte alumnado:

  • Hostalaría e Turismo: Álvaro Agustín Peralta Techera polo proxecto "Xeira polos Cumios de Vigo e Terras do Miñor".
  • Química: Mireia Míguez Losada polo proxecto "Estudos de repetitibilidade e reproducibilidade".
  • Sanitaria: Andrea Costela Rodríguez polo proxecto "Avaliación de parámetros de tinción, fixación e adquisición de imaxes".
  • Téxtil, Confección e Pel: Carmen Campos Casqueiro polo proxecto "Pretérito Perfecto".

A entrega dos premios realizarase o próximo xoves 29 de xuño ás 13:00 h.
Agradécese a colaboración do profesorado do centro e a participación do alumnado.

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo   

 

 

Distribuir contido