Recursos educativos |
Que é KAHOOTKahoot é un servizo web de educación social e gamificada que se comporta como un xogo, outorgando puntuación polos acertos e establecendo rankings. Calquera persoa pode crear un taboleiro, chamado tamén un kahoot! utilizando para iso calqueira dos catro tipos de aplicación que permite usar: |
|||
|
|||
Esta ferramenta web é un conversor de arquivos que facilita o traballo cos mesmos sen necesidad de instalar un software (programa) no equipo. A súa interfaz e o seu uso son son bastante sinxelos e o proceso de entrega de resultados aínda máis. Isto é un exemplo do que é capaz de facer: En catro pasos podemos convertir unha imaxe, audio, video ou documento a outro formato: |
|||
Seguramente oistes falar da flipped classroom ou aula ao revés e probablemente no noso centro haberá colegas que xa están a usar esta metodoloxía consciente ou inconscientemente. Trátase dunha metodoloxía innovadora que aposta por sacar fora da aula determinados procesos de aprendizaxe e aproveitar a clase para aspectos nos que é necesaria a axuda e a experiencia do profesorado. Aquí deixo este vídeo de Raúl Santiago que nos pode orientar sobre a idea de flipped classroom. |
|||
Descubrín Evernote xa hai uns cantos anos e quedei "enganchada" a este trebello que me axuda a organizar a inxente documentación que manexamos a cotío, por iso convertiuse xa nun imprescindible para min. Estas poderían ser algunhas formas nas que o profesorado pode integrar Evernote na súa labor docente:
|
|||
Todos utilizamos algunha vez na nosa práctica docente a presentación como ferramenta didáctica e somos coñecedores da súa eficacia na clase. Quen non coñece Power Point ou Prezi? Nembargantes hai outras ferramentas de presentación que non acostumamos usar e que porén non son menos interesantes nin menos prácticas. Estou a pensar en Google Slides, unha ferramenta gratuita que permite crear presentacións online de maneira sinxela e intuitiva. |
|||
