HOSTALARÍA

Cata de meles

Onte, día 24 de novembro, gozamos dunha xornada de cata de mel da man do Consello Regulador Mel de Galicia. A cata desenvolveuse cunha primeira fase visual, onde a cor e maila densidade foron os aspectos destacados. A fase olfativa foi a seguinte, buscando os aromas florais e vexetais das meles; e para rematar chegamos a última fase, a gustativa, onde o ácido, salgado, amargo e doce foron atopados. Cinco foron as meles degustadas: de silveira, de eucalipto, de castiñeiro e de quiroga, tamén coñecida como a de carrasco, e unha última mel cristalizada. 

Seminario cata de cavas

Durante esta semana, como todos os anos, estase a celebrar o Seminario de Cata de Cavas. Grazas ao noso colaborador, experto de recoñecido prestixio, Institut del Cava, os nosos alumn@s do ciclo superior de Dirección de Restauración e más os do ciclo medio de Servizos en Restauración, farán cata de diversos tipos de cava como o rosado, brut nature, gran reserva ou semiseco entre outros. O longo do seminario iremos actualizando o contido desta entrada no blog para informarvos das distintas actividades que se desenvolvan e dotala de máis imaxes sobre o mesmo. Saúde!!!

 

¡Benvidos!

Presentámosvos o blog de Hostalaría e Turismo onde poderás informarte das novidades do sector.

 

Saída a Xantar 2014 (Ourense)

O día 6 de febreiro, o alumnado de 2º do CS de  Axencias, 2º C.S. de  Guías e primeiro de ZM Cociña, asistiron á feira de turismo e gastronomía XANTAR en Expoourense.
O alumnado asistiu á conferencia sobre marketing turístico e visitaron os diferentes stands da feira.

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo   

 

 

Distribuir contido