Skip to Content

Actividades

Charla sobre Marketing Dixital

03/03/2021 16:20

 

Obradoiro de comunicación e presentación de proxectos

Como comunicar e presentar de xeito eficaz o noso proxecto de empresa.  Juanjo Romero, da consultoría Suma Importancia, axudounos a mellorar  este aspecto tan importante no obradoiro ao que asistiron as alumnas  de  2º curso de Patronaxe e Moda. 

Xornada para alumnado de Química "Tempos de orientación"

  

O pasado 3 de febreiro celebramos unha xornada dirixida ao alumnado de Química na que tivemos a oportunidade de achegarnos ao mundo da empresa da man de profesionais de empresas do sector.

 Margarita Collazo, responsable de Recursos Humanos de AkzoNobel, orientounos sobre como afrontar o proceso de busca de emprego e  que erros debemos evitar.

 

A continuación, Antonio Rodríguez e Iago González, do departamento de producción de Syngenta, guiáronnos nunha visita virtual polas instalacións desta empresa biotecnolóxica, fabricante de agroquímicos.

Na quenda de tarde, tivemos a oportunidade de escoitar a Ruth Castro, de Vithas Lab que nos fixo un repaso das actividades que levan a cabo nas diferentes divisións do laboratorio.

E para finalizar Sandra Ulla, investigadora do  CYTMA, Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Marina e Alimentaria, falounos dos procesos de innovación que desenvolven para dotar ás empresas do sector de produtos  e  procesos mais competitivos.

Concurso Eduemprende Idea 2020

Concurso Eduemprende Idea 2020Concurso Eduemprende Idea 2020
 

Publicada a Resolución do 20 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do concurso Eduemprende Idea 2020, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG650A) 

Comprende dúas modalidades:
  • Modalidade A: ciclos de grao superior
  • Modalidade B: ciclos de grao medio

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de 2 alumnos/as e un máximo de 4.

prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut