O xoves 27 de novembro celebramos o Magosto. Coma sempre houbo castañas, bolos preñados e lambetadas varias. Grazas aos nosos cociñeiros! Estaba todo riquísimo!
O venres 24 de outubro o alumnado do CS de Dirección de Servizos de Restauración, acompañado pola profesora Isabel Vázquez, aistiu a unha interesante charla sobre augardentes e licores galegos na aula de cata.
O venres 24 de outubro o alumnado do CM de cociña e Gastronomía e do CS de Dirección de Cociña asistiu a unha interesante conferencia sobre micoloxía e cociña de setas impartida por José Luis Tomé e acompañados polos profesores Carmen Fernández e Javier Oubiña.