1º EPISODIO DA VIAXE A MADRID DO CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA PARA ASISTIR A IMPORTANTES EVENTOS DA MODA.

Ola a todos e a todas. Imos contar a experiencia que viviron os compañeiros do Ciclo Superior de Patronaxe e moda na súa excursión a Madrid os días 6, 7, 9 e 9 de Febreiro acompañados polos seus profesores, Juan Prieto González e Iria García Lema.

Anticípovos que viviron unha experiencia moi intensa chea de visitas e eventos, desfiles, exposicións........É por iso que fixemos unha distribución desta historia inesquecible en 5 episodios.

 

Velahí o primeiro. ¡Que afortunados!. ¡Quen puidera estar alí!

 

1º EPISODIO

 

 

MOMAD

 

1ª Pasarela sustainable Fashion Week Madrid

 

XASTRARÍA SERNA

 

 

MUSEO DO TRAXE

 

 

E MÁIS.............

 

 

 

 

VIAXE A MADRID DO CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA Á FEIRA DA MODA DE MADRID “MOMAD”, XASTRARÍA SERNA, 1ª PASARELA SUSTAINABLE FASHION WEEK MADRID E MUSEO DO TRAXE

 

Os pasados días 6,7,8 e 9 de febreiro do ano 2020, os alumnos de 1º e 2º do C.S. Patronaxe e Moda, xunto cos mestres Iria García Lema e Juan Prieto González, foron partícipes dunha Actividade complementaria á formación perfecta, xa que aprenderon o xeito de traballar dun xastre nunha xastraría artesanal, historia da moda no museo do traxe, comercio e tendencias na feira da moda de Madrid“MOMAD”e moda sostible no recinto Talent Garden de Madrid.

Podedes ver máis detalles desta ACF no instagram do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda do CIFP Manuel Antonio

https://www.instagram.com/patronaxemoda/?hl=es

A aventura comezou as 06:35 da mañá, momento no que emprendeu voo o avión de Iberia dende o aeroporto de Vigo con destino Madrid o xoves 6 de febreiro. Sobre as 07:50 chegaron ó aeroporto de Madrid para ir rumbo os apartamentos Pierre & Vacances Eurobuilding 2 na calle Ourense para deixar a equipaxe.

 

 

Chegada ó aeroporto de Madrid

 

 

 

Apartamentos Pierre & Vacances Eurobuilding

 

 

 

XASTRARÍA SERNA

Logo de deixar a equipaxe nos apartamentos foron en metro para ir a Xastraría Serna. É unha das xastrarías máis antigas de España, pero, o mesmo tempo, ten un dos xastres máis xóvenes, Agustín García. Agustín é a terceira xeración desta prestixiosa xastraría. El, coa axuda de Lucía Serrano, están cambiando a forma na que se percibe a profesión en España, mediante unha re interpretación que están levando a cabo do tema, os traxes clásicos e a súa especialidade, os uniformes militares, onde a Xastraría Serna é unha referencia nacional. Están en posesión do selo de calidade A de xastraría artesanal da Asociación Española de Xastraría para garantir que os seus traxes están ben elaborados.

Ó entrar na xastraría xa chama a atención o culto á elegancia, incluso a súa mascota, un galgo que se chama “CRAN” é elegante. Agustín explica o proceso para facer un traxe a medida seguindo os tres piares fundamentais, BESPOKE (o traxe adaptase ós desexos e idea inicial do cliente), ASESORAMENTO (Comezando pola elección do tecido, que variará segundo o acto para o cal esta pensado ou a tempada na que nos atopamos, pasando por definir e adaptar o estilo que máis lle pode favorecer segundo as súas características físicas, gustos ou preferencias e a combinación cos distintos complementos), PROFESIONALIDADE (supón un novo reto e unha oportunidade para sorprender cun traballo sobrio e preciso). Explica como escoller o tecido, como distinguir as diferentes calidades dos tecidos. Logo toma e anota as medidas a un dos alumnos do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda para despois comezar co trazado dos patróns dunha chaqueta directamente no tecido para posteriormente cortalo, todo isto acompañado de explicacións aclaratorias de por que facelo dunha forma e non de outra en función do cliente ou do tecido. Despois, Lucía, lévanos ó taller onde primeiro pasa fíos frouxos para marcar as liñas de construción. Escolle a entretea máis axeitada, e corta estas cos plastróns que servirán de estrutura da chaqueta. Dependendo do plastrón, a chaqueta será máis ou menos armada. Para manter estas capas de tecidos unidas, hai que picalas a máquina cun zig-zag ou a man se o plastrón é máis brando. Para rematar, empregando a prancha, coa axuda dunha madeira, fai o reentrado da entretea para darlle á prenda os volumes do corpo humano. Logo de facer o reentrado hai que “sumir” ou eliminar o exceso de tecido. Ó final, baixo a mirada da imaxe que teñen nun cadro na xastraría de San Homobono, patrono dos xastres, e, o cabo de dous ou tres meses, despois de facer tres probas, con moita mestría e destreza, con moito tempo e moita paciencia, conséguese a chaqueta rematada para entregar ó cliente.

Moitas gracias a Agustín e Lucía por darnos unha masterclass de Xastraría artesanal magnífica.

http://sastreriaserna.com/

 

 Elección entre diferentes calidades de tecidos

 

 

 

O xastre Agustín García toma e anota as medidas a Juan.

 

 

 

 

Despois fai o trazado dos patróns dunha chaqueta directamente no tecido como podedes apreciar.

 

                                                         

Agustín está a levar a cabo o corte das pezas que compoñen a chaqueta.

 

 

Nos taller da xastrería puidemos ver os distintos procesos para a confección da chaqueta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os traxes clásicos é a especialidade desta xastrería xunto cos uniformes militares. Aquí podedes apreciar a beleza e elegancia  deste uniforme militar de gala. Hoxe en día moitos  noivos decántanse por utilizar traxes militares para vestir no día da súa boda. Recoméndovos que lle votedes un vistazo á súa páxina web.

 

 

Recordo inesquecible desta visita a Xastrería Serna con Agustín García, lucía Serrano e “CRAN”, este fermoso galgo que é a mascota da xastrería que se quere despedir do grupo.

 

 

 

DE SEGUIDO VOTÁDELLE UN OLLO O EPISODIO 2. SE VOS GUSTA O MUNDO DA MODA, NON PODEDES DEIXAR DE MIRALO.

 

¡¡¡DEICA AGORA!!!

 

Enlaces ao demais episodios:

Capítulo 2

Capítulo 3

Capítulo 4

Capítulo 5