III Feira das Ensinanzas profesionáis e artísticas en Ponteareas

 

III Feira das Ensinanzas profesionáis e artísticas en Ponteareas

 

 

Esta feira celebrouse nas instalacións do Complexo Deportivo Álvaro Pino en Ponteareas coa finalidade servir de guía as novas xeracións á hora de escoller unha especialidade de cara a unha futura inserción laboral.

Nos stands, os alumnos das distintas especialidades que participaron fixeron demostracións prácticas acompañados polos seus profesores e tamén expuxeron os seus traballos.

   

 

Así mesmo, o pasado 4 de Febreiro, os alumnos de 2º de TAPIZARÍA E CORTINAXE, xunto coa súa profesora  María Begoña Álvarez formaron parte deste evento para dar a coñecer ao público os traballos marabillosos de tapizaría.

 

Ao mesmo tempo tamén se encargaron de levar e amosar distintos e orixinais deseños de prendas de roupa en representación dos seus compañeir@s dos ciclos de Confección e de Patronaxe, detalle que agradecemos moitísimo. En edicións futuras esperamos acompañalos.

 

Como ben sabedes, os traballos dos alumnos de Tapizaría xa son de sobra coñecidos no noso centro, pois por poñer solo un exemplo,  moitos alumnos gozan dun recuncho moi agradable onde charlar e pasalo ben  gracias a labor dos alumnos de tapizaría. Si...........xa sei que o coñecedes, xusto debaixo das escaleiras da biblioteca, e para aqueles que non o coñezan, convidámolos a que se acheguen alí.

 

 

Pero, volvendo o evento, observade como se desenvolveu a xornada con estas fotos que sacaron para compartir con todos nós.

 

 

Para empezar, mirade de que maneira tan agradable recibían ós alumnos de tapizaría a todos os que pedían información. Ademáis amosan eses sillóns que están tapizando.

 

 

Nestas dúas fotos podedes apreciar como tapizan as pezas que se amosan na primeira fotografía. Ben se ve que teñen unha actitude moi profesional.

 

Con estas ferramentas e co seu talento, os alumnos fan traballos preciosos como amosamos a continuación.

 

 

¡Como traballan!. ¡Esta silla vai quedar moi ben!.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

Esta alumna amosa ós visitantes as pezas de tapicería que fixeron. Na seguinte fotografía veredes de que peza se trata.

 

Velaquí está. Non nos sorprende que os visitanten se paren ante este traballo tan ben feito. ¡Mirade que sillón!. 

¡Que ben luce o cartel do noso centro xunto cos traballos dos nosos compañeiros!

 

Aquí podedes apreciar oitro estilo moi diferente do anterior á hora de tapizar. Os alumnos empregan tecidos de calidade e de moito estilo como se pode ver.

 

 

Outros exemplos de tapizados son estes pubs tan vistosos e orixinais.

 

 

Distintos tipos de cojíns tamén forman parte desta exposición e este "saco de boxeo" que confeccionaron os alumnos de 1º curso. ¡Esta especialidade pode ser moi versátil!

 

Os alumnos no stand respondendo as preguntas dos visitantes.

 

.

 

 

Agora amosaremos aquelas prendas de roupa das que vos falamos e que aportaron os ciclos de Confección e Patronaxe.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Poñemos esta fotografía a modo de despedida. Que ben o pasaron os alumnos de Tapicería e con esta foto deixan un grato recordo da súa pasada polo Instituto Manuel Antonio.