XORNADA EMPRENDE NOS CICLOS DE TÉXTIL

XORNADA EMPRENDE  NOS CICLOS DE TÉXTIL

 

¡A moda sustentable é tendencia e tamén é conciencia! 

¡Estanse a producir cambios!

 

¡Ti formarás parte deste proceso!

 

Estamos de volta con este tema: a moda sustentable.

 

Estase a converter nun tema recurrente pero é que se está impoñendo a conciencia ecolóxica no noso campo, a moda.

 

Os alumnos do téxtil son o futuro da moda e estanse a converter en testimuña dos cambios que se están a producir. É por iso que se aprecia unha actitude emprendedora que augura un horizonte cheo de oportunidades para aqueles que teñen conciencia ecolóxica e se acollan a esta tendencia.

 

Falando de actitude emprendedora, gozamos onte da presencia de dúas mulleres emprendedoras e comprometidas co desenrolo sostible creando conciencia social e ambiental no sector téxtil e no tocante ó consumo téxtil responsable. Contáronnos as súas experiencias e como decidiron emprender un camiño profesional vinculado o desenrolo sostible.

 

 

Vela aquí están Violeta Bouzada e Lis Rivero:

 

 

VIOLETA BOUZADA

 

É de Vigo e Estudiou Publicidade e Relacións públicas na Universidade de Vigo. Máis tarde especializouse en Dirección De Empresas Da Moda na Escola de Negocios da Universidade de Navarra.

 

É fundadora en OUI JANE!. https://ouijane.com/    

 

Animámoste a que premas no seu enlace e te impregnes de conciencia social, ecoloxía e por suposto, de prendas de moda con alma, feitas con tecidos naturais e feitas en condicións dignas con materias primas de menor impacto e proximidade.

Achegouse ata os nosos Ciclos Medios para contarnos as súas experiencias e motivar ós nosos alumnos a traballar para cambiar a realidade do mundo que envolveu á moda hasta o de agora.

 

 

 

Violeta despois de dar a charla @s alumn@s de Ciclo Medio de COMO

 

 

 

 

LIS RIVERO http://lisrivero.es/#lisrivero/description/work

 

Coruñesa, diseñadora de moda e diseñadora gráfica que traballa tamén como freelance.

 

Non deixedes de votarlle un ollo á súa páxina web, poderedes apreciar a versatibilidade de Lis e tamén o seu estilo a través do seu traballo.

 

De cara a súa profesión o seu enfoque está na produción verde e sostible tamén aplicado ás boas prácticas de emprego.

 

Lis está implicada no deseño de moda sostible e a aplicación de novas tecnoloxías no deseño textil.

 

Esta deseñadora estudiou no Centro Superior de Deseño IED Instituto Europe di Design, University.

 

 

Achegouse ós nosos Ciclos Superiores para contarnos as súas experiencias e poñer o acento no modo de consumo actual, como repercute no medio e como podemos continuar no mundo da moda adaptándonos o concepto de moda sostible de cara ó futuro.

 

Lis na charla que tivo c@s alumn@s de Ciclo Superior PAMO

 

 

Todos agradecemos a visita de Violeta e Lis. Estas dúas diseñadoras fixéronnos reflexionar sobre o impacto da moda no medio e nos motivaron moitísimo para avanzar neste mundo que tanto nos gusta e continuaremos nel mellorándoo dende o punto de vista ecolóxico.

  ¡Nos ciclos do textil somos eco-friendly!

 

Posan con Lis Rivero nesta fotografía os alumnos do Ciclo Superior de Patronaxe acompañados dos seus profesores. 

¡Observade como amosan interés pola temática da moda sostible!

¡Non en vano todos estamos implicados!

¿Non vos parece?

 

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo