No CIFP Manuel Antonio impártense cursos AFD - Accións Formativas para Desempregados organizados polo Ministerio de Trabajo, Migración y Seguridad Social, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Estes cursos perseguen o obxectivo mellorar o itinerario formativo das persoas, prioritariamente, desempregadas, co fin de aumentar as oportunidades para a súa inserción laboral. Este ano 2021, impártiranse no noso centro educativo os seguintes cursos, todos de Nivel 2:
- HOTR0508 Servizos de bar e cafetaría (Inicio: 01.03.2021-fin:17.09.2021)
- HOTR0408 Cociña (Inicio 22.02.2021 - fin: 25.09.2021)
- INAF0108 Panadaría e bolaría (Inicio 24.02.2021 - fin: 16.07.2021)
- SANT0108 Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes (inicio: 22.02.2021 - fin: 25.06.2021).
Actividades Formativas para desempregados, mais información pulsando aquí