








Un ano máis os alumnos e os profesores de téxtil do CIFP MANUEL ANTONIO, acuden como convidados ao desfile que celebra a Escola Superior de arte e deseño MESTRE MATEO.
Nesta ocasión acudiron os alumnos de 2º de COMO e 2º de PAMO, acompañados por os profesores María Varela, Juan Prieto e Iria García.
O escenario deste evento foi, como acostuman, o Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Aquí se celebrou o pasado 28 de Novembro a onceava edición do desfile “DESPUNTE”, que así se coñece este evento, onde os alumnos de Ensinanzas Superiores de Deseño e Moda que se gradúan amosan os traballos finais de estudios.
Os alumnos do Manuel Antonio que foron de visita quedaron entusiasmados ó ver as diferentes coleccións, cos estampados, volumes, colores e texturas.
Os profesores do Manuel Antonio que acudiron a este evento apreciaron o talento e o traballo invertido polos alumnos que con estes deseños poñen punto final á súa etapa formativa.
Parabéns a todos e todas de parte do departamento téxtil. ¡Todos quixeramos estar alí!
Os nosos compañeiros foron conducidos para ocupar os seus sitios e poder ver o desfile. ¡Foron dos primeiros en acomodarse!.
Moi ledos se amosan nesta fotografía. ¡O desfile está a piques de comenzar!.
As xemelgas Sivi e Sixing Yu gañan o desfile
¡Parabéns!