SUSTENTABILIDADE NAS COMPRAS E NOS PROCESOS TÉXTILES

                                   Economía verde

 Sustentabilidade

                                              reducir,reciclar, reutilizar         

 Recursos naturais              

                           Impactos Ambientais                      

 Economía circular 

 

 

 Todas estas palabras soan no día a día nos nosos talleres de téxtil pois os alumnos de MODA teñen conciencia ecolóxica.

 

E desto da proba LAURA PAZOS GARCÍA, alumna de 1º curso de Ciclo Cuperior de PATRONAXE E MODA que participou  o pasado mes de Outubro no curso SUSTENTABILIDADE NAS COMPRAS E NOS PROCESOS TÉXTILES. Curso cofinanciado  pola FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE que forma parte do MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA.

 

Neste curso recibiron formación no noso centro os alumnos dos ciclos téxtiles sobre os impactos ambientáis e a sustentabilidade no sector da moda.

 

O obxectivo do curso foi capacitar ós alumnos para obter un posto no sector da moda sustentable.

 

Os contidos do curso baseáronse no estudio da realidade das organizacións téxtiles e os principais procesos á hora de poder integrar  criterios de sustentabilidade coma plantexar criterios de economía circular aplicados ó téxtil.

 

Queremos aproveitar esta ocasión para entrevistar e coñecer mellor a  unha das nosas alumnas que como comentamos antes, participou neste curso, Chamase Laura Pazos García e ten 18 anos. Aínda que está cursando estudios no Manuel Antonio, ela provén da costa norte de Galicia, do Porto do Son, na provincia da Coruña. Desprazouse ata aquí para cursar o Ciclo Superior de Patronaxe e Moda.

 

Laura posou para nós nesta foto e prestouse a esta entrevista que de seguro vos vai a interesar. ¡Quizá alguns vos identifiquedes con esta compañeira!.

 

 

BLOG TEXTIL:Ola Laura, ¿qué che levou a facer este ciclo téxtil?

 

LAURA:Eu quería entrar en deseño de moda e xa que a nota de selectividade non me alcanzou daquela decidinme a meterme neste ciclo para ter unha formación previa e non perder o tempo e intentar despois acceder á carreira.

 

BLOG TEXTIL: ¿Tiñas feito algo máis relacionado coa moda sostible?

 

LAURA:Non, aínda que sempre me gustou moito o tema ecolóxico relacionado co téxtil.

 

BLOG TEXTIL: ¿Cres que poderías aplicar esta filosofía na forma de traballar no teu futuro profesional?

 

LAURA:Si claro, porque agora contaminamos moitísimo e estámonos decatando de que nos está pasando factura todo isto e sobre todo tamén hai que cambiar a maneira en que a xente merca, como a xente consume  e tamén na nosa forma de producción evidentemente. Hai que darlle unha volta a todo esto.

 

BLOG TEXTIL: ¿Cales son os teus plans de futuro?

 

LAURA:Os meus plans de futuro son, como xa dixen antes, estudiar deseño de moda. No tocante ó futuro máis inmediato, cando acabe este ciclo quero facer un Erasmus e facer prácticas no estranxeiro para mellorar o meu inglés.

 

BLOG TEXTIL: ¿E de futuro profesional?

 

LAURA: Ser deseñadora de moda. Non me gustaría ter a miña propia marca, gustaríame traballar para algún deseñador ou para algunha marca en concreto.

 

BLOG TEXTIL: ¿Hai algo que houberas aprendido e que te sorprendera sobre a realidade das empresas do sector téxtil en canto a economía sustentable?

 

LAURA: Si claro, hai datos que impactan moitísimo. Algunhas empresas non teñen coidado con nada e deberíaselles esixir ao respecto, por exemplo, non verter químicos en certos sitios. Iso debería estar moito máis controlado polos organismos encargados de manter o medio, polo menos ter un control de: esto non se pode facer e si o fas, hai unha multa.

 

BLOG TEXTIL: ¿Cres que é factible que as empresas implanten a sustentabilidade nos seus procesos?

 

LAURA: A ver....sí que é máis caro ser sustentable pois require en moitos casos unha maior inversión tecnolóxica, precisas máquinas para aproveitar máis o tecido, etc. Pero pouco a pouco, non ten por qué ser inmediatamente, ir cambiando a maneira de facer as cousas, que sexa algo gradual. Podemos acadar moitas cousas con pequenos cambios.

 

BLOG TEXTIL: ¿Cres que é máis factible nas empresas grandes ou nas pequenas e artesanais?

 

LAURA:Unha empresa grande pode facer un maior investimento en tecnoloxía aplicada á optimización marcadas e o aproveitamento dos tecidos. Unha empresa artesanal o ten máis difícil por que non pode facer un gran investimento. Pero por outro lado, esta aproveita máis e mellor os poucos recursos dos que dispón e recicla máis as cousas e faino por ela mesma.

 

BLOG TEXTIL: No curso de sustentabilidade informáronche de empresas en Vigo que estean aplicando esta filosofía?

 

LAURA: si, faláronnos de un montón de empresas, como reciclaban e causoume unha gran impresión unha empresa a cal lle levas as prendas que ti xa non usas e a partir desa prenda confecciónanche outra totalmente distinta.

 

Tamén nos falaron das marcas que aplican criterios de sustentabilidade e das certificacións que acreditan que esas prendas que mercas están feitas baixo eses criterios, ou para acreditar se a prenda é 100% reciclada. Selos oficiais e logos cos cales podemos recoñecer esas prendas feitas baixo criterios ecolóxicos.

 

 

 ¡Qué dúbida cabe que Laura podería contarnos moito máis!, pois así nolo fixo ver na entrevista que lle fixemos. Pero por hoxe ímolo deixar aquí.

No departamento téxtil quedamos entusiasmados ó comprobar que as novas xeracións do Manuel Antonio van aportar cos seus xestos na realización do seu traballo a mellorar o medioambente.

 

¡Moitas gracias Laura!. Augurámosche un bo porvir.