SAMAÍN 2019

Samaín

 

2º de Confección e moda gañadores da decoración de portas Samaín 2019

 

O martes 29 de Outubro, véspera de Samaín,  pecháronse as portas do Manuel Antonio. Os alumnos de téxtil de 1º e 2º de confección e moda, deixaron preparadas as portas terroríficas invocando ós mortos, invocando as pantasmas e invocando as bruxas que adoitan saír polas frías noites do outono en Galicia. ¡Ou iso din as lendas!.

 

Marchamos para casa para gozar duns días de descanso. Non volveríamos ata o luns 4 de Novembro.

E a nosa volta, uns días despois o departamento téxtil recibiu a terroríficamente marabillosanova: os alumnos de 2º acadaban o primeiro posto na votación.

 

Tamén non honra comentarvos que o grupo de 1º de confección e moda quedou como segundo, o cal non está nada mal e máis se temos en conta o nivel que acadou a preparación das portas este ano, pois foron moi elaboradas.

 

Os alumnos de téxtil amosaron a grande creatividade da que fan mostra na súa labor diaria tal e como comentan os profesores e profesoras dos ciclos básico, medio e superior de téxtil do Manuel Antonio.

 

¡Os de téxtil somos creativos por natureza!!!!

 

 

 Observade que contentos posan os gañadores. ¡E iso que aínda non o sabían!.

 

Parabéns mozos e mozas!!!

 

 

 

 

 

Tamén posan moi ledos os alumnos de 1º curso diante da pantalla que anuncia o concurso. 

 

 

 

 

Amósase aquí unha imaxe da porta gañadora, parecía máis ben un túnel dos horrores. Daba arrepíos entrar no taller de confección.

 

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo