








No vestíbulo do Manuel Antonio estes días hai unha exposición dos traballos dos alumnos de 2ª de COMO. Nesta exposición pódense ver diferentes técnicas de acabados e de confección de bolsos en pel. É unha mostra moi interesante onde se aprecia o bo nivel dos estudantes de téxtil e o grado de imaxinación que mostran á hora de resolver os seus deseños.
Dende aquí recomendamos visitar a exposición para apreciar de cerca cada un dos traballos.
Os nosos parabén a todos os estudantes que participaron!
Nas seguintes publicacións iremos explicando cada unha das técnicas destes traballos tan interesantes.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
5.jpg | 188.96 KB |