








Recentemente as alumnas de modular e dual e tamén de Ciclo Superior realizaron unha actividade baseada na vestimenta antiga. Dirixiunas nesta tarefa unha moi boa confeccionísta que realiza traxes de época para espectáculos e representacións teatrais. Foi unha actividade moi interesante e as alumnas sentíronse moi satisfeitas cos resultados obtidos e cos coñecementos adquiridos.
Fixeron un verdugado como os que utilizaban as mulleres do século XVI e tamén un xustillo.
Coma sempre, deixamos unha foto do traballo, e das alumnas que participaron nesta actividade.
Dábase este nome, verdugado, a un tipo de saia que levaba uns aros cosidos e que se poñía debaixo da saia exterior para conseguir unha forma de campá. Utilizábano as cortesáns do século XVI. O verdugado é de orixe español pero o seu uso estendeuse por toda Europa.