O CIFP Manuel Antonio en Edugal

O 27, 28 de febreiro e 1 de marzo terá abertas as súas portas o 8º Salón da oferta de educación e formación de Galicia (Edugal). Como non podía ser doutra maneira, o CIFP Manuel Antonio terá unha caseta ao longo destes tres días co fin de mostrar a súa oferta educativa e orientar a todos os estudantes que se sintan interesados nos ciclos que se imparten no Centro.

A familia téxtil foi a encargada de  representalo o mércores 27 pola mañá. No stand expuxéronse traballos que fixeron os alumnos de todos os Ciclos de téxtil. Os alumnos de 2º do Grao Básico de Tapizaría e Cortinaxe atenderon ao público encargándose de dar toda a información que lles foi requirida, amais disto,  estiveron traballando alí mesmo para que se puidese ver todo o que se aprende no seu ciclo. A demostración consistiu nun traballo coa técnica de capitoné que resultou moi divertida.

Dende aquí dámoslle as grazas a todos estes alumnos que traballaron tantísimo para que todo saíse perfecto.

Deixamos un enlace á páxina de Edugal para que poidades ver en que consiste este evento.

http://www.edugal.es/index.html