








A ex alumna do Manuel Antonio, Marta del Río Moldes, conseguiu o terceiro premio no desfile de Noveis Deseñadores, na XXVIII Mostra do encaixe de Camariñas coa súa colección “Cinzas”.
Marta quedou moi afectada pola riada de incendios que asolou Vigo e a súa contorna en outubro do 2017. Quixo expresar a súa rabia cunha fermosa colección de austeros deseños con encaixes tinguidos a man en cor cinza e uns elementos que impiden o movemento das mans e a boca, amosando así a impotencia que lle causou o sucedido.
Dende aquí querémoslle transmitir os nosos máis sinceros parabéns e os mellores desexos para que siga recollendo éxitos.
Se queredes seguir a súa conta de Instagram aquí queda o seu enderezo: