O Rincón de lectura.

O “Espazo de lecer ou Curruncho  chill out”

O mobiliario deste espazo está feito feito polos alumnos de primeiro e segundo do ciclo de  Tapizaría e Cortinaxe.

Pintouse e tapizouse un banco vello, fixeron os puff recheos de perliñas de poliestireno e tapizaron  respaldos de moitas cores para adornar as paredes.

Este curruncho ten moitísimo éxito entre os alumnos do Manuel Antonio pois proporciónalles un lugar onde descansar epracticar as relacións sociais.

Nestas dúas fotos pódese apreciar o antes e o despois do espazo de lectura.

Nestas fotos pódese ver o traballo dos alumnos cando estaban tapizando todos os compoñentes.

E nesta imaxe podemos ver os deseños que fixeron os alumnos para a elección de cores